Ata o 17 de agosto está aberto o prazo para inscribirse no VI Obradoiro de Verán de música e baile do Conservatorio Municipal

1 de agosto de 2018. O VI Obradoiro de Verán de música e baile do Concello de Monforte será entre o 20 e 24 de agosto, no Conservatorio municipal “Mestre Ibáñez”, e o prazo para realizar a inscrición xa está aberto.

As clases vanse desenvolver en horario de mañá, de luns a venres e constarán de tres partes diferenciadas:

Música

Haberá obradoiros dirixidos a tódalas idades, que incluirán práctica instrumental de especialidades como guitarra, violín, piano, saxofón, clarinete, frauta, trompa, trompeta, trombón, gaita, percusión moderna (batería) e percusión tradicional galega.

O nivel será de iniciación, medio ou avanzado.

Música e Baile

Obradoiros dirixidos a nenos/as de entre 5 e 9 anos.

Constarán dun obradoiro específico e combinado de música e movemento, no que os alumnos poderán iniciarse na educación rítmica e auditiva, na práctica instrumental e na danza moderna.

Danza

Na parte da danza, estará dirixida a nenos/as e xóvenes en xeral nas suas distintas modalidades.

Está previsto que os diferentes obradoiros se formen por idades:

 

Danza tradicional galega, a partir de 6 anos

Danza Moderna, a partir de 10 anos

Ballet Clásico, a partir de 6 anos

 

Estes cursos serán impartidos por profesores especializados nas diferentes materias e especialidades.

O prazo de inscrición remata o 17 de agosto.

O prezo é de 25 euros.