7 de agosto de 2018. As pistas de atletismo da Pinguela levan xa o nome de SALETA FERNÁNDEZ LÓPEZ.
O Alcalde, José Tomé, e a atleta monfortina descubriron a praca acompañados de familiares, amigos e membros da corporaración.
"Cando me falaron da proposta, a primeira sorprendida fun eu, pero a verdade é que estou moi orgullosa deste recoñecemento e de que as pistas leven o meu nome", indicou a campioa de España en salto de altura.
Os concelleiros do grupo dos Non Adcritos propuxeron que as pistas de atletismo da Pinguela levasen o nome de Saleta Fernández.
A idea saiu adiante no Pleno co voto favorable de tódolos grupos municipais.
Traxectoria Saleta Fernández
Saleta Fernández conquistou tres campionatos de España de salto de altura: dous deles en categoría sub-23 e un en absoluto.
Ademais, alzouse cunha medalla nunha competición internacional.
En apenas dúas semanas, a monfortina bateu o récord galego absoluto. Saltou 1'85 e 1'86 metros.