16 de agosto de 2018. Os días 18 e 19 de agosto, a Praza de Abastos acolle unha nova edición da Feira de Oportunidades do CCU.
Está previsto que participen 18 establecementos comerciais da cidade do Cabe. A xente que se achegue poderá adquirir artigos de moda e calzado, así como complementos ou elementos de decoración, entre outros.
Na xornada do sábado 18, o horario será de 10 a 14 horas. Tamén será posible realizar compras durante a tarde, de 17 a 21 horas.
O domingo, 19 de agosto, a Feira de Oportunidades comezará unha hora máis tarde, ás 11 horas, e tamén estará aberta ata as 14 horas. O horario da tarde será o mesmo que o do sábado, de 17 a 21 horas.
O Alcalde, José Tomé, destaca que “a grande afluencia de público en edicións anteriores, avala a realización deste tipo de mercados que serven de apoio ó comercio local; así como de estímulo ós clientes para que decidan mercar en Monforte”.
O mandatario local engade que “é importante concienciar á cidadanía da importancia económica e social de mercar nas tendas de proximidade. Ademais, dende o Centro Comercial Urbano están realizando unha importante labor para ofrecer calidade e variedade de produtos”.