O Concello de Monforte sumouse ao proxecto “Cidades en Rede Menores nin unha pinga”, unha iniciativa promovida pola Federación Española de Bebidas Espirituosas (FEBE) e o Ministerio de Sanidade que pretende conseguir o apoio de institucións públicas e privadas para impulsar accións destinadas á prevención do consumo de alcohol por parte de menores de idade.
Colaborando con esta iniciativa as farmacias españolas iniciaron unha campaña de educación sanitaria para previr o consumo de toda clase de bebidas alcohólicas en menores. Con este fin e co lema de "Menores nin unha pinga", as farmacias comunitarias exhibirán un cartel e repartirán preto de 250.000 folletos entre os máis novos e os seus familiares.
Dende o Servicio de Prevención da Unidade Asistencial de Drogodependencias, promotor da adhesión do concello a esta iniciativa, nos parece fundamental a implicación no proxecto das farmacias monfortinas, para o cal fóronlles enviados uns pósters recordatorios da Campaña para que os coloquen en lugar visible e lles reiteramos a nosa disponibilidade tanto para resolver as dúbidas que poidan surxirlles como para atender tódalas demandas de información que queiran derivarnos.
Para máis información aquí