17 de setembro de 2018. Comeza a nova temporada de cursos de natación e actividades deportivas na piscina municipal.
Neste novo curso ofértanse 441 prazas en cursos de natación e actividades dirixidas, ás que se unen as 260 prazas que o Concello oferta dentro do programa Escolas Deportivas Municipais 2018-2019.
A partir do xoves, 20 de setembro, xa é posible realizar a inscripción.
A oferta deportiva prevista para o curso 2018 - 2019 é:
ACTIVIDADES EN PISCINA
CURSOS DE NATACIÓN: inicio o 1 de outubro
Bebés: de 6 meses a 3 anos
Infantil: de 4 a 5 anos
Nenos/as: de 6 a 12 anos
Xóvenes e adultos: a partir de 13 anos
XIMNASIA ACUÁTICA (a partir de 16 anos):
Luns e mércores ás 10 horas
Martes e xoves ás 9:45 horas
Apertura do prazo de inscricións para socios/as: xoves, 20 de setembro
Apertura do prazo de inscricións para non socios/as: luns 24 de setembro
ACTIVIDADES EN SALA (a partir de 16 anos): inicio 17 de setembro
• Aero – Step
• Aerobike
• Ximnasia de mantemento
• Body training
• Pilates
• Zumba
• En Forma
• Hipopresivos
Apertura do prazo de inscricións para socios/as: luns 17 de setembro
Apertura do prazo de inscricións para non socios/as: venres 21 de setembro
Durante o mes de setembro as actividades dirixidas en sala serán gratuítas para socios/as.
OUTRA OFERTA DEPORTIVA:
• Nado libre en piscina
• Ximnasio de uso libre
• Aluguer de pistas de tenis
HORARIO DA INSTALACIÓN:
• De luns a venres de 7:30 a 14 h. e de 15 a 23 h.
• Sábados de 10 a 14:00 h. e de 18 a 22 h.
• Domingos e festivos: de 10:30 a 14:30 h.
Máis información e inscricións nas instalacións da Piscina Climatizada Municipal (R/ Estrada de Sober s/n). Tf. 982 40 38 09
E-mail: infomonforte@alacerocio.com
Horarios de actividades da piscina municipal 18-19