26 de setembro de 2018. O Concello de Monforte, a través do Centro de Información á Muller (CIM), vai impartir o programa formativo DANA, dirixido a mulleres que estean en proceso de búsqueda de emprego.
As presoas asistentes, que deberán ter algún coñecemento de informática, aprenderán a desenvolver habilidades persoais e sociais así como competencias para mellorar a súa empregabilidade.
A concelleira de Cultura, Marina Doutón, destaca que “o obxectivo fundamental é ofrecer ás mulleres participantes apoio e orientación laboral para a procura de emprego, tanto por conta allea como emprendemento”.
A formación comezará o martes, 9 de outubro, e vaise prolongar ata o 24 do mesmo mes.
Esta actividade forma parte do conxunto de actos programados para conmemorar o Día da Muller Rural, que se celebra o vindeiro 15 de outubro.
A inscripción pode facerse no CIM, ubicado no Centro Cívico. Teléfono 982 41 63 50, email: cim@concellodemonforte.com