O Alcalde reúnese co Presidente da Confederación Hidrográfica para avanzar na solución de varios asuntos relacionados co municipio

27 de setembro de 2018. Esta mañá, ás 12 do mediodía, produciuse a primeira reunión entre o Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, e o novo Presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, José Antonio Quiroga Díaz. Esta foi a primeira toma de contacto e serviu para analizar, conxuntamente, os asuntos que o Concello de Monforte ten pendente de resolver co anterior equipo do Organismo de Conca.

 

Na reunión, que durou case dúas horas, o mandatario local planteoulle ó Presidente da Confederación Hidrográfica cinco cuestións de interese para o Concello e para as que José Tomé solicita o apoio e a colaboración do Organismo de Conca, que preside José Antonio Quiroga.

 

Os cinco asuntos de interese para a cidade do Cabe que se analizaron na xuntanza son:

 

-A présa da Pinguela e o acondicionamento da zona da lagoa

-A mellora ou ampliación da depuradora de Piñeira para mellorar a calidade da augas depuradas que volven ó río Cabe e teñan a calidade de depuración suficiente para non contaminar o cauce fluvial

-O proxecto de mellora da rede de saneamento que está en proceso de redacción que corresponde ó Convenio subscrito entre o Concello de Monforte, a Deputación Provincial de Lugo e a propia Confederación; para ver as posibilidades de estendelo a outras actuacións que sigan mellorando a rede de saneamento

-Un asunto sensible que o Alcalde quixo tratar especialmente, é o cambio de ubicación do aliviadoiro do colector da rúa Cardenal, que verte á altura do Parque dos Condes para cambiar a saída dos residuos cando se produce chuvias abundantes, de tal xeito que se cambie a ubicación dese aliviadoiro para un lugar posterior á presa

-Outro dos asuntos sobre o que Alcalde ten moito interese e que se analizou na reunión, é o desbroce das marxes dos regatos que discorren polo casco urbano da cidade de Monforte, co obxecto de que se manteñan libres de maleza e cun ornato axeitado.

 

Receptividade do Presidente da Confederación

 

O Presidente da Confederación Hidrográfica amosouse receptivo a estudiar, en profundidade, os asuntos propostos polo Alcalde; dado que José Antonio Quiroga é coñecedor da contorna da cidade de Monforte e comprometeuse a ir dando os pasos pertinentes para satisfacer as necesidades do municipio monfortino, tan pronto como sexa posible.

 

 

Neste sentido, O Presidente comprometeuse a facer unha visita oficial en próximas datas ó Concello para ver sobre o terreo as demandas plantexadas polo rexedor e ir dando solucións a aquelas cuestións que son máis prioritarias e que se poden resolver con maior celeridade, en función da tramitación administrativa e do financiamento que requira cada una delas.

 

O obxectivo común de todas estas actuacións é prestar un mellor servizo ás persoas, pero tamén solucionar os problemas medioambientais existentes históricamente e con elo mellorar a calidade das augas.

 

Tamén acordaron dirixirse á Consellería de Medio Ambiente, que no seu momento, comprometera a súa participación no convenio xa asinado entre a Deputación de Lugo, a Confederación Hidrográfica e o Concello, por importe de 1.400.000 euros, no que finalmente este departamento da Xunta non participou. O Alcalde e o Presidente da Confederación manifestaron o seu desexo de que agora a Consellería de Medio Ambiente si participe no convenio e aporte recursos para ir solucionando, coa colaboración de todos, a problemática medioambiental que se vén arrastrando dende hai tempo.