Actividades de Prevención de drogodependencias curso 2018-2019

 

Iníciase un novo curso e un ano máis desde o Servizo de Prevención da UNIDADE ASISTENCIAL DE DROGODEPENDENCIAS DE MONFORTE DE LEMOS presentamos as nosas actividades nos centros escolares de Monforte e comarca. 

Comezamos realizando talleres de prevención en Educación Primaria, cuxo obxectivo principal é fomentar hábitos de vida saudable a través do programa “ Fumatas”, centrado en información sobre o tabaco. 

En Educación Secundaria e BAC son varios temas os que desenvolvemos nos talleres: “Tabaco, alcol e outras drogas”, SIDA, Educación Afectivo-sexual... 

Como sempre estamos a disposición de todas as ANPAS e asociacións que desexen información sobre algún tema que nos expoñan, relacionado co noso campo. 

Seguimos co noso espazo quincenal en colaboración con Radio Principal-Cadena Ser Monforte: “Prevención na casa, a mellor axuda”. 

E de forma trimestral o noso Boletín Familiar dirixido a nais e pais seguirá chegando aos colexios que colgarán nas súas webs para poder consultalos e no noso facebook e páxina do Concello. 

Todas estas actividades, unidas a outras puntuais, como mesas informativas, charlas, cursos… veñen desenvolvendo desde hai máis de 20 anos desde a UAD, e co paso do tempo o programa de prevención do consumo de drogas foise construíndo de forma progresiva, adaptándoo ás necesidades da realidade. 

UNIDADE ASISTENCIAL DE DROGODEPENDENCIAS 

Servizo de Prevención 

Para más información: Otero Pedrayo s/n 27400 – Monforte de Lemos (Lugo) 

Tlf: 982 400 495 // Fax: 982 405 172 // e-mail: ad@concellodemonforte.com 

Persoa de contacto: LUISA ASTRAY GARCIA (Educadora Social) 

e-mail: luisaastray@gmail.com

Actividades curso 2018-2019