3 de outubro de 2018. O mirador do Duque, no Concello de Monforte de Lemos, foi escenario dunha nova xuntanza de traballo entre o Alcalde, José Tomé, o Presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, a Alcaldesa de Castro Caldelas, Inés Vega, e o Vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández.
O obxectivo deste encontro entre os líderes políticos era avanzar en novos proxectos que axuden á dinamización da Ribeira Sacra.
José Tomé destacou que “esta reunión é unha continuidade doutra que mantivemos en Castro Caldelas o pasado 11 de setembro. O que fixemos esta mañá no Mirador do Duque foi estudiar a viabilidade de proxectos conxuntos entre as dúas Deputacións e os Concellos de Monforte e Castro Caldelas, que sirvan para prmocionar a Ribeira Sacra”.
Trala reunión, o Alcalde, a Alcaldesa, o Presidente da Deputación de Lugo e o Vicepresidente da Deputación de Ourense proseguiron a reunión durante un xantar no centro da cidade do Cabe.