Oito obras de teatro no derradeiro trimestre de 2018

Cartel teatro 4º trimestre

 

Entre os meses de outubro e decembro teremos a oportunidade de asistir a oito representacións teatrais.
Para realizar ista programación o Concello de Monforte participa en tres programas de teatro, dous coa Deputación de Lugo -Buxiganga e Proscenio e unha coa Xunta de Galicia -Rede de Teatros e Auditorios.
Por unha banda, o Concello segue a participar na programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios, mediante a que se achegarán a Monforte as seguintes compañías, obras e datas:
TALÍA TEATRO con "O servidor de dous amos" o 25/10/18
PRODUC. TEATRAIS EXCÉNTRICAS con "Cranios privilexiados ou a crítíca da razón perralleira" o 08/11/18
TEATRO DO ATLÁNTICO con "Dúas donas que bailan" o 29/11/18
TITZINA TEATRE con "La zanja" o 13/12/18
Todas estas representacións serán ás 20:15 h para adultos no edificio multiusos. A entrada ten un custe de 5 € e para estudantes, desempregados e xubilados de 3 €.

Por outra banda, co patrocinio da Deputación Provincial de Lugo e dentro do programa Buxiganga teremos dúas representacións:
Grupo TEATREIROS con "Cumprimento de contrato" o 20 outubro
Grupo TEATRO AFECCIONADO MONFORTINO con "Os intereses creados" o 24 novembro
As dúas obras serán na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro ás 20:00 h e para un público adulto. A entrada é gratuita. 

Por último e tamén xunto coa Deputación de Lugo e dentro do programa Proscenio teremos outras dúas representacións teatrais:
TEATRO MARIONETAS TRÉCOLA con "O agasallo de Anya" o 26 decembro
FRAN REI con "A historia de Brancaflor" o 29 decembro
Estas representacións serán no Edificio Multiusos ás 18:00h e de entrada gratuita. A obra de Marionetas Trécola é para todos os públicos a partir dos cinco anos e a da Compañía Fran Rei é un contacontos con maxia para un público familiar.