A dotación de novas luces e o asfalto da rúa principal do Polígono, melloras máis destacadas realizadas en Piñeira

8 de novembro de 2018. O Alcalde prosegue coa ronda de visitas ás parroquias monfortinas. O obxectivo de José Tomé é facer balance das obras realizadas polo Goberno local dende 2015.

 Por outra parte, o rexedor aproveita estes encontros cos veciños para escoitar as súas propostas. Desta volta, a quenda foi para a parroquia de Piñeira.

 

O mandatario local destacou que “neste caso, o investimento que realizamos dende a miña chegada á Alcaldía ascende a 280.000 euros. Hai que ter en conta que nesta cifra incluímos dous proxectos moi importantes para a zona: o asfaltado na rúa principal do polígono industrial, cuxo custe foi de 48.800 euros; así como a dotación da nova iluminación do polígono do Reboredo. Neste caso, o investimento foi de 54.493 euros”. Cómpre lembrar que o polígono pertence á parroquia de Piñeira.

José Tomé sinala que, sen ter en conta os investimentos realizados polígono industrial, o investimento noutras obras en Piñeira foi de 176.707 euros.

Concretamente, as melloras realizadas foron:

 

-Bacheos por toda a parroquia

-Pintura para o local social

-Tubos de formigón para xardineiras

-Mangueira de riego (70 m)

-Asfaltado pista detrás dos invernadoiros

-Asfaltado na Regueira

-Asfaltado pista detrás Aluminios Javier ata pista cemiterio

-Renovación auga cemiterio

-Aglomerado paseo dende Estrada Sober a Estrada Polígono

-Abastecemento de auga na Recosta

-Asfaltado da rúa principal do polígono

-Iluminación nova no polígono industrial

-Asfaltado da estrada dende a ponte do río ata paso inferior de Renfe

-Asfalto pista dende N-120 ata Babela

-Asfalto Carballo-Casas de Abaixo

-Beirarrúa xunto ó muro, na Barxela

-Asfalto estrada de Piñeira a Guntín, entre Regueira e Sta.Lucía (por tramos)

- Regueira - pista de acceso ó desgüace

-Pista de acceso á granxa do Rei

-Rúa dos Cotos

-Asfalto estrada Piñeira dende N-120ª ata o río

O Alcalde, José Tomé, destacou que “todas estas actuacións supuxeron, e van supoñer, unha mellora moi significativa nas comunicacións viarias de Piñeira con outras parroquias así como co casco urbano de Monforte, logo de que dentro duns días se arranxe a estrada que une a antiga Nacional 120 coa Barxela, unha vía moi empregada polos veciños e polos vehículos procedentes de Sober”.