7 de novembro de 2018. O Alcalde, José Tomé, iniciou esta semana unha ronda de visitas ós veciños das diferentes parroquias de Monforte para dar conta das obras realizadas dende 2015, así como daquelas que aínda están en proceso de realización. A primeira das visitas foi ó local social de Ribasaltas.
O rexedor apunta que “teño a costume de visitar periodicamente as parroquias para informar das actuacións que leva a cabo o Concello e, ó mesmo tempo, recoller as súas propostas e analizar as posibilidades de sacalas adiante”.
O mandatario local destaca que o investimento realizando na parroquia de Ribasaltas dende que chegou á Alcaldía ascende practicamente a 170.000 euros. Concretamente, os traballos realizados foron os seguintes:
-Pintura para o refuxio da Área Recreativa
-Iluminación campanario da igrexa
-Saneamento en Outeiriño
-Saneamento no Barrio
-Reposición cipreses na Área Recreativa
-Colaboración Festa da Empanada
-Axudas ampliación do Campo de Golf
-Asfaltado camiño da Quintela (diante do local social)
-Asfalto da pista do Centro de Día
-Asfalto da pista de Vilanova a Ribasaltas
-Asfalto da entrada ó barrio da Veiga á Barxa (2 camiños)
-Asfalto dende o paso inferior de Renfe ata Pista do Canal
-Asfalto camiño do Outeiriño
-Revestimento do local social
-Melloras na traída de auga de Barrio e Outeiro
-Asfalto camiño da Barxa
-Asfalto de Pacios, dende Campo Golf ata estrada de Lugo
-Acceso á granxa na Eirexa
-Barrio (acceso ó campo de fútbol)