Teatro na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro, Grupo de Teatro Afeccionado Monfortino con "Os Intereses Creados" sábado 24 de novembro ás 20:00 h

Cartaz Os intereses creados

 

O salón de actos da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro acollerá o sábado 24 de novembro ás 20:00 horas, unha representación teatral con entrada libre e gratuita. 

O GRUPO DE TEATRO AFECCIONADO MONFORTINO dirixido por Paqui Abeledo, poñerá en escea “Os intereses creados”, espectáculo adaptado da obra homónima de Jacinto Benavente baseada na Comedia dell´Arte italiana.

Esta representación teatral está incluida na programación do PROXECTO TEATRAL AFECCIONADO BUXIGANGA, da Deputación de Lugo na que participa o Concello de Monforte de Lemos.

Sinopse argumental: Crispín e Leandro chegan a unha cidade italiana do século XVII fuxindo da xustiza. Non teñen nada, só os traxes que levan postos, polo que deciden facerse pasar por un gran señor e o seu criado, que viaxan en cumprimento dunha misión secreta.

Grazas á facilidade de palabra de Crispín e á súa  imaxinación, van enganando a uns e a outros: ao hosteleiro, que os aloxará e ata lles emprestará cartos, a Arlequín e a Capitán, e logo á señora Pantalone, que lles adiantará importantes sumas de diñeiro. Servíndose da mediación de dona Sirena, Leandro coñece e namora a Silvia, filla única do acaudalado señor Polichinela. Crispín valerase da súa astucia para conseguir, mediante moitas peripecias, que a voda se leve a cabo e dese xeito poder pagar aos seus acreedores, librándose tamén do proceso xudicial que os persegue.

Foto grupal