17 de decembro de 2018. O Alcalde, José Tomé, e a Tenente Alcalde, Gloria Prada, asistiron esta fin de semana á 50 ª Asamblea Xeral da Rede de Xuderías de España, que se celebrou na localidade extremeña de Hervás.
No encontro acoroduse que a cidade do Cabe estea presente nos órganos de dirección do organismo.
Un dos asuntos que estivo enriba da mesa foi o nomeamento definitivo dos compoñentes da Mesa de Presidencia, que queda do seguinte xeito:
Presidencia: Concello de Hervás
Vicepresidencia Primeira: Concello de León
Vicepresidencia Segunda: Concello de Estella-Lizarra
Vicepresidencia Segunda: Concello de Lucena
Vogal 1. Concello de Monforte de Lemos
Vogal 2. Concello de Plasencia
Vogal 3. Concello de Segovia
Por outra parte, a Asemblea serviu para nomear as Comisións de Traballo. Monforte presidirá a Comisión de Turismo.
A de Educación estará a cargo de Plasencia, mentres que Segovia será quen leve a Comisión de Comunicación.