9 de xaneiro de 2019. O teatro volve ser protagonista da actividade cultural deseñada pola concellería de Cultura de Monforte ó longo do 2019.
No primeiro semestre deste ano teremos a oportunidade de asistir a seis representacións de compañías profesionais, dúas delas para os máis pequenos da casa e outras catro para o público adulto.
As obras infantís poranse en escena nos meses de febreiro e marzo, mentres que as dirixidas ó público adulto representaranse de xaneiro a abril.
A participación do Concello na programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios permitirá que se acheguen a Monforte as seguintes compañías e obras:
Programación Adultos:
-OS FILLOS DO SOL da compañía Contraproducións - xoves, 24 de xaneiro
-CELEBRACIÓN, de Sarabela Teatro - xoves, 14 de febreiro
-30 E TANTOS ÓSOS de Aporía Escénica -xoves, 14 de marzo
-O CASO É TER SAÚDE da compañía Malasombra – xoves, 11 de abril
Programación infantil:
-PATAPATÚM da compañía Elefante Elegante - domingo, 24 de febreiro
-A GALIÑA AZUL da compañía Tanxarina – domingo, 10 de marzo
Todas as representacións terán como escenario o Edificio Multiusos, as infantís comezarán ás 18 horas, o resto serán ás 20:15 horas.
O prezo da entrada xeral é de cinco euros e de tres euros para estudantes, desempregados e xubilados.