Aproveitando a estabilidade climática, estanse levando a cabo asfaltados en novas rúas de Monforte. Entre onte e hoxe acométense actuacións nas rúas Carlos Casares, Avelino Cachafeiro, Jacinto Benavente, Juan Ramón Jiménez, Ramón y Cajal, Rosalía de Castro, Ourense e Extremadoiro. Nos vindeiros días seguiremos informando sobre novas obras de mellora que se vaian acomentendo na cidade.
Monforte de Lemos, 14 de febreiro de 2019. O Concello de Monforte segue adiante cos seus plans para mellorar diferentes rúas da cidade. Aproveitando a boa climatoloxía, estanse realizando hoxe actuacións nas rúas Carlos Casares, Avelino Cachafeiro, Jacinto Benavente, Juan Ramón Jiménez e Ourense. Onte mércores, quedaron asfaltadas as rúas Extremadoiro, Ramón y Cajal e Rosalía de Castro.
As obras de Carlos Casares, Avelino Cachafeiro, Jacinto Benavente, Juan Ramón Jiménez, Ramón y Cajal e Rosalía de Castro están sendo executadas pola empresa Acoval. No conxunto destas rúas o investimento total ascende a 135.600 €.
As actuacións na rúa Ourense corren a cargo da empresa Asfagal Técnicas Viarias SL, por un importe de 44.652,90 € IVE engadido.
E finalmente o asfaltado da rúa Extremadoiro foi adxudicado a Asfagal Técnicas Viarias SL por un importe de 30.993 € IVE engadido.
Rúa Carlos Casares
As obras programadas nesta rúa acometerán actuacións en dous tramos da vía. No primeiro tramo, fresouse o pavimento existente da zona de entronque coa rúa San Pedro para regularizar a superficie de ambas vías, mentres que na súa parte máis ancha, fresouse o pavimento contiguo á beirarrúa existente. Retirarase o material depositado nun dos seus extremos da parte final deste tramo. Posteriormente, realizarase un varrido do firme por medios mecánicos, consistindo nunha limpeza enérxica da superficie do pavimento existente mediante cepillo de arame. Despois, aplícase unha capa de aglomerado en quente tipo D-12, de 5 cm. de espesor sobre toda a superficie.
Antes do pintado procederase ao recalce ou levantado das tapas de pozos, arquetas, sumidoiros e demais elementos existentes na calzada, ata o novo nivel do pavimento. Para rematar, procederase ao pintado da vía, coa marcaxe das liñas (laterais e aparcamentos), cebreados e colocarase un sinal de perigo “Circulación nos dous sentidos” á entrada da vía, antes do estreitamento existente.
Rúa Avelino Cachafeiro
Primeiramente, realízase o fresado do pavimento existente das seguintes zonas: entronque coa rúa San Pedro para regularizar a superficie de ambas vías, firme anexo á beirarrúa existente na parte inicial da rúa (en fronte ao instituto), nos entronques coas rúas Jacinto Benavente, Juan Ramón Jiménez e Zapardiel e puntualmente xunto ás rampas de acceso ás beirarrúas dalgunha destas rúas. No tramo final da rúa, cara a rúa Zapardiel, realízase a limpeza de ambas marxes, sendo necesario reencher o lateral de parte da súa marxe dereita con zahorra e se bachean as zonas onde resulta preciso.
Tralo varrido do pavimento existente por medios mecánicos, consistente nunha limpeza enérxica da súa superficie mediante cepillo de arame, aplícase unha capa de aglomerado en quente tipo D-12, de 5 cm. de espesor en todo o firme da vía, incluída a zona de recheo con zahorra.
Antes do pintado procederase ao recalce ou levantado de tapas de pozos, arquetas, sumidoiro e demais elementos existentes na calzada, ata o novo nivel do pavimento. Para rematar, procederase ao pintado da vía, coa marcaxe das liñas, cebreados e símbolos que se recollen na documentación gráfica. Na entrada desde a rúa Zapardiel, á altura do cruzamento coa rúa Juan Ramón Jiménez, colocaranse 2 sinais, de “Entrada prohibida” e de “Sentido obrigatorio á dereita” cara á rúa Juan Ramón Jiménez, para os coches procedentes da rúa Zapardiel e outra de “Dirección obrigatoria” na entrada desde a rúa San Pedro.
Rúa Jacinto Benavente
Para regularizar a superficie da vía coa da rúa San Pedro, aplícaselle un fresado no seu entronque con esta, tras o cal realizarase un varrido do firme por medios mecánicos, consistente nunha limpeza enérxica da superficie do pavimento actual, mediante cepillo de arame.
Posteriormente, procederase a aplicar a nova capa de rodadura en toda a calzada, mediante unha capa de aglomerado en quente tipo D-12, de 5 cm. de espesor. Antes do pintado procederase ao recalce ou levantado de tapas de pozos, arquetas, sumidoiro e demais elementos existentes na calzada, ata o novo nivel do pavimento.
Para rematar, procederase ao pintado da vía, coa marcaxe das liñas, cebreados e símbolos e colocarase un sinal de “Entrada prohibida” no seu encontro coa rúa Avelino Cachafeiro.
Rúa Juan Ramón Jiménez
Lévase a cabo o fresado do pavimento do seu entronque coa rúa San Pedro, con vistas a regularizar a superficie de ambas vías, tras o cal realizarase un varrido do firme por medios mecánicos, consistente nunha limpeza enérxica da superficie do pavimento actual mediante cepillo de arame.
Posteriormente, procederase a aplicar a nova capa de rodadura en toda a calzada, mediante unha capa de aglomerado en quente tipo D-12, de 5 cm. de espesor. Antes do pintado procederase ao recalce ou levantado de tapas de pozos, arquetas, sumidoiros e demais elementos existentes na calzada, ata o novo nivel do pavimento. Para rematar, procederase ao pintado da vía, coa marcaxe das liñas, cebreados e símbolos.
Rúa Rosalía de Castro
O tramo da vía comprendido entre as rúas Leopoldo Calvo Sotelo e Dr. López Suárez (excedendo uns metros a liña desta última) presentaba un firme en mal estado de conservación polo desgaste sufrido, polo que se procedeu ao rexenerado do seu pavimento. No resto da vía, ata o paso a nivel de Río Seco, renovarase a súa sinalización.
Nunha das marxes do primeiro tramo existe unha área destinada a estacionamento na que tamén se acondicionou o seu pavimento. No primeiro tramo, empezouse por fresar o pavimento existente dos encontros da vía coas rúas Leopoldo Calvo Sotelo e Dr. López Suárez, así como a súa unión co seguinte tramo. Aplicouse un fresado do lateral do pavimento en contacto coas beirarrúas, para diminuír a súa altura nos rebaixes que estas presentan para facilitar a entrada aos garaxes.
Tralo varrido do pavimento existente por medios mecánicos do tramo e da área de estacionamento, consistente nunha limpeza enérxica da súa superficie mediante cepillo de arame, procedeuse a aplicar unha capa de aglomerado en quente tipo D-12, de 5 cm. de espesor.
Antes do pintado procederase ao recalce ou levantado de tapas de pozos, arquetas, sumidoiros e demais elementos existentes na calzada, ata o novo nivel do pavimento. Para rematar, procederase ao pintado de toda a vía (2 tramos e área de estacionameento) coa marcaxe das liñas, cebreados e símbolos e instalaranse os seguintes sinais:
- antes do cruzamento coa rúa Leopoldo Calvo Sotelo, 1 sinal de “STOP”
- antes do paso a nivel de Río Seco, 1 sinal de perigo “Paso a nivel con barreiras”
- 2 sinais de indicación do paso de peóns que se marcará próximo ao cruzamento coa
rúa Dr. López Suárez, un para cada carril. - 1 sinal de indicación de “Estacionamento” para a área descrita.
Rúa Ramón y Cajal
Esta obra inclúe a rúa Ramón y Cajal e a parte da travesía Echegaray que vai desde esta ata a entrada da vivenda presente ao final da mesma. Limpáronse primeiramente as marxes da travesía Echegaray, retirando a terra acumulada xunto aos muros que a delimitan. Fresouse o pavimento do encontro da rúa Ramón y Cajal coa rúa Dr. López Suárez, con vistas a regularizar as superficies de ambas vías, así como de gran parte do firme contiguo á beirarrúa existente na rúa Ramón y Cajal, e na entrada de tres propiedades (aparcamento do Cuartel da Garda Civil e 2 leiras privadas).
Posteriormente, procederase ao varrido do pavimento existente por medios mecánicos de toda a superficie, consistente nunha limpeza enérxica da súa superficie mediante cepillo de arame, tras o cal, aplicarase unha capa de aglomerado en quente tipo D-12, de 5 cm. de espesor.
Antes do pintado procederase ao recalce ou levantado de tapas de pozos, arquetas, sumidoiros e demais elementos existentes na calzada, ata o novo nivel do pavimento. Para rematar, procederase ao pintado da vía, coa marcaxe das liñas (laterais e aparcamentos), cebreados e símbolos e colocarase un sinal de “STOP” na saída de vía cara á rúa Dr. López Suárez.
Rúa Estremadoiro
Tralo varrido do pavimento existente por medios mecánicos do tramo, consistente nunha limpeza enérxica da súa superficie mediante cepillo de arame, procedeuse a aplicar unha capa e aglomerado en quente tipo D-12, de 5 cm. de espesor. Limpáronse os bordes da beirarrúa, retirouse a terra vexetal e colocouse e compactouse con firme de zahorra, regularizando os bordes conforme ao ancho de vía previsto.
Antes do pintado procederase ao recalce ou levantado de tapas de pozos, arquetas, sumidoiros e demais elementos existentes na calzada, ata o novo nivel do pavimento. Para rematar, procederase ao pintado de toda a vía.
Rúa Ourense
Finalmente, as accións de mellora na rúa Ourense, inclúen a limpeza e fresado da súa superficie mediante cepillo de arame, a aplicación dunha capa e aglomerado en quente tipo D-12, de 5 cm. de espesor. Antes do pintado procederase ao recalce ou levantado de tapas de pozos, arquetas, sumidoiros e demais elementos existentes na calzada, ata o novo nivel do pavimento. Para rematar, procederase ao pintado de toda a vía. |