Monforte de Lemos, 26 de febreiro de 2019.
A Biblioteca Municipal de Monforte acollerá maña mércores 27, desde as 10:00 e ata as 12:00 horas a lectura de textos de Rosalía de Castro, con motivo do aniversario do nacemento da escritora, hai 182 anos o pasado domingo.
No acto de homenaxe á universal escritora galega participarán alumnos dos colexios de Escolapios, Torre de Lemos, A Gándara, Ferroviario e Infanta Elena, así como dos institutos Río Cabe, Daviña Rei e A Pinguela, que serán os que lean diversos poemas da escritora.
O obxectivo desta actividade non é outro que recordar a figura da poetisa, o referente máis significativo do Rexurdimento da literatura galega, gracias a obras coma "Cantares Gallegos" o "Follas Novas", das que se leerán fragmentos na homenaxe de mañá.