O Concello de Monforte organiza diversos actos arredor do 8M, Día internacional da Muller

Monforte de Lemos, 1 de marzo de 2019. O Concello de Monforte e o CIM non son alleos á importancia que ano a ano adquiren as actividades que se organizan arredor do día 8 de marzo, día Internacional da Muller. As actividades contan coa colaboración da Unión Europea e da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.

Deste xeito, hoxe trasladamos a axenda de actividades que desde ambos organismos se veñen planificando nos últimos meses.

 

Marcha pola Igualdade: venres 8 de marzo ás 12:30 horas. Saída desde a explanada da Compañía ata o Concello, coa participación de representantes municipais, diversos colectivos e dirixido a toda a cidadanía que se queira sumar á marcha.

 

Genoveva González Prieto, unha muller para o 8 de marzo”: luns 11 de marzo de 11:30 a 13:00 horas no salón de actos do Centro Cívico Social. Visionado deste conto e entrega de exemplares ao alumnado de primaria asistente.  

 

XII Charla de prevención da saúde na muller: Mulleres e saúde cardiovascular: Cincentas do corazón?: mércores 13 de marzo, 20:00 horas na Casa da Cultura Lois Pereiro, a cargo de Mª Reyes Pérez Fernández, profesora doutora da E.U. de Enfermería de Ourense.

 

III Plan de Igualdade de Oportunidades de Monforte de Lemos: acto de presentación do Plan, que terá lugar o xoves 14 de marzo no Salón de Plenos do Concello de Monforte, de 12:30 a 13:30 horas.

 

30 e tantos ósos” de Aporía Escénica: representación teatral que terá lugar no salón de actos do Edificio Multiusos o xoves 14 de marzo ás 20:00 horas. É unha obra incluída na Rede Galega de Teatros e Auditorios.

 

Obradoiros: “Autodefensa Feminina” e “Novas masculinidades”: obradoiros dirixidos a alumnas e alumnos de 1º de BAC, os cales deron comezo o pasado 26 de febreiro no IES Rio Cabe e no IES Daviña Rey. Terán continuidade o venres 15 de marzo no IES Pinguela, en horario de 10:00 a 12:00 h.

 

Liñas encarnadas. Educación emocional con cabalos: esta actividade está dirixida a un grupo pechado de usuarias do CIM e celebrarase no Rincón Finca El Carmen todos os martes desde o 5 de marzo ata o 25 de xuño, en horario de 10:00 a 13:00 horas.

 Díptico 8 Marzo