Monforte de Lemos, 9 de marzo de 2019. A Brigada Municipal de Servizos ben de dotar dunha nova iluminación a zona da intersección da rúa Florida, concretamente coa instalación de puntos de iluminación nos 8 báculos existentes.
Dita intersección contaba con 4 puntos de luz de bombillas de vapor de sodio de 150 vatios, as cales foron substituídas por 4 bombillas de haloxenuro metálico de 70 vatios cada unha. E do mesmo xeito, instaláronse outras 4 bombillas novas, tamén de haloxenuro metálico, dotando así ao conxunto de 8 puntos de luz e mellorando sensiblemente a iluminación desta intersección.
Con estes traballos conséguese aumentar o rendemento lumínico das instalacións pero sen que haxa un incremento no consumo. De feito, coa anterior iluminación das 4 bombillas de sodio o consumo era de 600 vatios, mentres que agora cos 8 puntos de luz de aloxenuro metálico o consumo é de 570 vatios, co cal redúcese significativamente o gasto lumínico.
Estas tarefas de actualización do alumeado público súmanse ós traballos que se xa se levaron a cabo en moitas zonas da cidade e tamén das parroquias. Unha das prioridades do actual goberno municipal é recuperar e mellorar a iluminación de Monforte
.