O Concello de Monforte súmase aos actos de recordo do 11-M

 

Monforte de Lemos, 11 de marzo de 2019. O Concello do Monforte tivo hoxe un recordo, ao igual que coma moitas outras cidades de España, para as vítimas dos atentados do 11 de marzo de Madrid, que este ano cumpre o seu 15 aniversario.  

Deste xeito, celebrouse ás 11:00 horas un minuto de silencio diante da entrada principal do Concello, un acto no que participaron membros do grupo de goberno do concello así como empregados municipais e axentes da policía local monfortina.

Foi así un acto de recordo ás vítimas do terrorismo do 11 de marzo, coincidindo co 15º aniversario dos atentados de Madrid que costaron a vida a 193 persoas.

Ademais, o acto coincide co Día Europeo das Vítimas do Terrorismo.