Monforte de Lemos, 1 de abril de 2019. Como xesto simbólico e en en sinal de apoio ás persoas con TEA (Trastorno do Espectro Autista), o concello de Monforte iluminará mañá martes a súa fachada de cor azul con motivo do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo.
Cada ano miles de edificios emblemáticos de todo o planeta ilumínanse de azul para apoiar e dar visibilidade ás persoas con TEA e ás súas familias. Trátase dunha campaña mundial promovida por Autism Speaks (Light It Up Blue, #LIUB), e apoiada por Autismo Europa, Autismo España e Autismo Galicia.
No 2018 ilumináronse en España máis de 300 monumentos; en Galicia foron 25 edificios e monumentos, entre outros o Concello de Santiago, a Torre de Hércules, o CGAC, As Burgas ou a Cidade da Cultura.
Este ano 2019, as diferentes asociación implicadas buscan o reto de chegar a 350 entidades iluminadas en España.