Monforte de Lemos, 26 de abril de 2019. O Concello de Monforte está a ultimar os detalles para a celebración da Gala do Deporte 2019, evento que ten como obxectivo premiar e poñer en valor o esforzo e a dedicación de deportistas, clubs, adestradores/as, técnicos/as e árbitros/as do noso Concello, e que xa vai pola sétima edición.
O acto celebrarase o sábado 4 de maio ás 20:00 h. na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro.
O xurado do concurso encargado de elixir ós gañadores e gañadoras de cada unha das categorías, reuniuse o pasado 8 de abril e o resultado, como ven sendo habitual, farase público o día da Gala, que será presentada por Manola Porto.
O xurado deste ano está conformado polas seguintes persoas:
Luis Conde (La Voz De Galicia)
Miguel Piñeiro (El Progreso)
Manuel Otero Méndez, Xefe de Deportes da Xunta de Galicia en Lugo
Fidel Fernán (Cadena Ser)
Pablo Rivera Capón (Deputado Provincial de Deportes)
José Tomé Roca, Alcalde do Concello de Monforte
As candidaturas propostas nas diferentes categorías son as seguintes:
CATEGORÍA MELLOR DEPORTISTA MASCULINO ABSOLUTO |
|
CANDIDATO |
MODALIDADE DEPORTIVA |
Emilio Sotelo Rodríguez |
Pesca |
Jairo Salgueiro Montero |
Atletismo |
Julio Pérez Álvarez |
Tiro Olímpico |
Alejandro Losada Rodríguez |
Taekwondo |
Junior Martínez Castillo |
Taekwondo |
CATEGORÍA MELLOR DEPORTISTA FEMININA ABSOLUTA |
|
CANDIDATA |
MODALIDADE DEPORTIVA |
Sonsoles Martín Rodríguez |
Atletismo |
Elena Varela de Fátima |
Taekwondo |
CATEGORÍA MELLOR DEPORTISTA MASCULINO PROMESA |
|
CANDIDATO |
MODALIDADE DEPORTIVA |
Jorge Soto Rozas |
Pesca |
Javier Cienfuegos González |
Pesca |
Alejandro Fernández Franjo |
Taekwondo |
CATEGORÍA MELLOR DEPORTISTA FEMININA PROMESA |
|
CANDIDATA |
MODALIDADE DEPORTIVA |
María Martín Rodríguez |
Atletismo |
Laura Álvarez Suárez |
Taekwondo |
CATEGORÍA MELLOR ADESTRADOR/A |
|
CANDIDATO/A |
MODALIDADE DEPORTIVA |
Antonio García Quintela |
Pesca |
José María Vega Sánchez |
Taekwondo |
CATEGORÍA MELLOR ÁRBITRO/A |
|
CANDIDATO/A |
MODALIDADE DEPORTIVA |
Luis Ángel López Rodríguez |
Tiro Olímpico |
Andrea Pérez Dos Anjos |
Taekwondo |
CATEGORÍA MELLOR CLUB |
|
CANDIDATO/A |
MODALIDADE DEPORTIVA |
Club Tiro Olímpico Cabe |
Tiro Olímpico |
Club Korbis |
Voleibol |
Club Taekwondo Neka |
Taekwondo |
Recoñecementos a persoas e entidades relacionadas co deporte local
Ademais de dar a coñecer os gañadores e gañadoras do concurso deste ano, na Gala faranse os seguintes recoñecementos a persoas e entidades relacionadas co deporte local:
- Club Lemos en recoñecemento polo ascenso de categoría na tempada 2018 – 2019 e pola xestión económica e deportiva da entidade.
- Santiago Díaz Rodríguez, en recoñecemento pola súa labor como promotor do piragüismo en Monforte.
- José Antonio Díaz Expósito, en recoñecemento pola súa traxectoria como comunicador, xestor e directivo deportivo.
- Mariano Rodríguez Cedrón, en recoñecemento pola súa traxectoria como directivo do Club Lemos e por asumir a presidencia do Club en momentos críticos para a entidade.
- Pepe Mourelo, en recoñecemento pola súa traxectoria como comunicador e promotor do deporte.
- José Antonio Arias Parga, en recoñecemento pola súa traxectoria profesional como fotógrafo.