Monforte homenaxea ós seus mellores deportistas na Gala do Deporte

Monforte de Lemos, 4 de maio de 2019. A Casa da Cultura Lois Pereiro de Monforte acolleu hoxe unha nova edición da Gala do Deporte que serviu para homenaxear aos mellores deportistas monfortinos do ano.

 

Un salón de actos ateigado de deportistas e familiares, o acto arrincou coa homenaxe e o recoñecemento a diversas persoas e entidades relacionadas co deporte local e que destacaron ó longo do pasado ano 2018. Deste xeito, os homenaxeados foron:

 

  • Club Lemos en recoñecemento polo ascenso de categoría na tempada 2018 – 2019 e pola xestión económica e deportiva da entidade.
  • Santiago Díaz Rodríguez, en recoñecemento pola súa labor como promotor do piragüismo en Monforte.
  • José Antonio Díaz Expósito, en recoñecemento pola súa traxectoria como comunicador, xestor e directivo deportivo.
  • Mariano Rodríguez Cedrón, en recoñecemento pola súa traxectoria como directivo do Club Lemos e por asumir a presidencia do Club en momentos críticos para a entidade.
  • Pepe Mourelo, en recoñecemento pola súa traxectoria como comunicador e promotor do deporte.
  • José Antonio Arias Parga, en recoñecemento pola súa traxectoria profesional como fotógrafo.

Tras estas merecidas homenaxes chegou o turno de saber as gañadoras e gañadores da Gala do Deporte 2019 de Monforte, que foron os seguintes:

 

CATEGORÍA MELLOR DEPORTISTA MASCULINO ABSOLUTO

GAÑADOR

MODALIDADE DEPORTIVA

Jairo Salgueiro Montero

Atletismo

 

 

CATEGORÍA MELLOR DEPORTISTA FEMININA ABSOLUTA

GAÑADORA

MODALIDADE DEPORTIVA

Sonsoles Martín Rodríguez

Atletismo

 

 

CATEGORÍA MELLOR DEPORTISTA MASCULINO PROMESA

GAÑADOR

MODALIDADE DEPORTIVA

Alejandro Fernández Franjo

Taekwondo

 

 

CATEGORÍA MELLOR DEPORTISTA FEMININA PROMESA

GAÑADORA

MODALIDADE DEPORTIVA

Laura Álvarez Suárez

Taekwondo

 

 

 CATEGORÍA MELLOR ADESTRADOR/A

GAÑADOR

MODALIDADE DEPORTIVA

José María Vega Sánchez

Taekwondo

 

 

CATEGORÍA MELLOR ÁRBITRO/A

GAÑADOR

MODALIDADE DEPORTIVA

Luis Ángel López Rodríguez

Tiro Olímpico

 

 

CATEGORÍA MELLOR CLUB

GAÑADOR

MODALIDADE DEPORTIVA

Club Korbis

Voleibol

 

 

O acto serviu tamén para estrear o vídeo da XI Carreira Popular de Monforte, elaborado pola productora local Amanita Films no que se puido ver un resumo do que foi unha das edicións máis exitosas do evento.

No acto estiveron presentes o Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, o Deputado de Deportes da Deputación Provincial de Lugo, Pablo Rivera, así como diversos membros do Equipo de Goberno do Concello (Gloria Prada, Marina Doutón e José Luis Losada) e dos diferentes grupos municipais da corporación monfortina (Julia Rodríguez, Pilar López, Maribel García e Emilio Sánchez), que participaron na entrega dos diferentes trofeos conmemorativos aos premiados.