Xa podes participar no xogo Pequenos Descubridores Benjamín de Sefarad e no II Concurso de Microrrelatos da Rede de Xuderías

 

O Concello de Monforte informa da posta en marcha por parte da Red de Juderías de España dunha nova edición de Benjamín de Sefarad, un programa educativo que se celebra desde 2014 e que ten como obxectivo dar a coñecer entre os escolares o legado sefardí das 22 cidades que forman a Red de Juderías de España.

Así, e para que os nosos nenos e mozos de Monforte se convertan en Pequenos Descubridores de Sefarad, a Red organiza este ano un xogo participativo de preguntas e respostas, que percorren diversos aspectos da cultura e historia xudía. O xogo que invita á visita dunha cidade da Red de Juderías, que deberán fotografar, tamén servirá para participar na segunda edición do Concurso de Microrrelatos da Red de Juderías, e no último paso deberán entregar o seu microrrelato -de non máis de 350 palabras- que versará como sempre de xeito moi aberto sobre o seu descubrimento do pasado xudeu español ou da súa experiencia na visita dunha xudería.

concurso está dirixido aos escolares de calquera colexio de España nacidos nos anos 2005, 2006, 2007 e 2008. Os escolares poderán participar ata o próximo 5 de xullo, accedendo a www.redjuderias.org, a web da Red de Juderías de España.

Entre todos os participantes sortearanse numerosas sorpresas pero os 30 mellores verán como o seu relato publícase en libro, como ocorreu na primeira edición. Os mellores serán obsequiados por Cheques de Viaxes para que poidan seguir descubrindo o mundo. 
Nos primeiros días do mes de xullo, un Xurado presidido polo escritor Luís Alberto de Cuenca decidirá os relatos seleccionados e premiados.