Monforte de Lemos, 9 de maio de 2019. O Multiusos de Monforte acolle este sábado, 11 de maio, ás 20:00 h e con entrada gratuíta, o espectáculo denominado “Orquestra de Malabares”.
Este espectáculo, que está dirixido a todo o público en xeral, estará protagonizado pola Banda de música do Conservatorio municipal Mestre Ibáñez de Monforte, que actuará conxuntamente cos malabaristas de PISTACATRO, celebrando un concertó-espectáculo moi especial.
Neste espectáculo, os alumnos da banda e os artistas circenses de Pistacatro interactuarán interpretando unha secuencia de pezas musicais de distintos estilos acompañadas de exercicios malabarísticos, todo elo dentro dun contexto determinado.
Será así unha experiencia única de traballo en conxunto, na que se interpretarán obras variadas de distintos estilos.
O evento está organizado polo Concello de Monforte e Deputación de Lugo.
Dossier Orquestra de Malabares