Exposición fotográfica “Sistemas Operativos–hacia rutas salvajes” de Fernando Redondo na Casa da Cultura de Monforte

Monforte de Lemos, 13 de maio de 2019.  Dende hoxe luns 13 de maio e ata o día 31, na Sala de Exposicións da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro do Concello de Monforte, realizarase unha exposición fotográfica titulada "Sistemas Operativos -haciarutasalvajes".

Tralo nome de "haciarutasalvajes" atópasese o fotógrafo leonés Fernando Redondo, cuxa formación ven do prestixioso fotógrafo José Luis Roldán, máis coñecido por Luque.

A temática desta mostra, que en Galicia se estrea na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro de Monforte, baséase en fiestras de diferentes pobos da xeografía española e portuguesa.

 

 

Outras exposicións de Fernando Redondo

Outras exposicións desenvoltas por este fotógrafo son:

  • "sin rumbo ... definido", exposta na cidade de León no 2014 e na que se mostraban retratos, paisaxes, gastronomía, mobiliario urbano e outros detalles.
  • "Sistemas Operativos", inaugurada no 2016, foi presentada en varios centros da cidade de León e na provincia, destacando a do Centro de Interpretación de la Naturaleza del Urogallo, a do Patrimonio Natural de Castilla y León (Caboalles de Arriba), a do Santuario da Peregrina (Sahagún), ou a da Sala Cultural La Escuelona (Pejanda, Cantabria) entre outros.
  • "7.0 no AV", inaugurada no 2018 no Centro para la Defensa contra el Fuego da Junta de Castilla y León. Esta serie centra a súa temática en paisaxes, natureza e vida en estado puro, de paraxes tan impresionantes como El Bierzo, Valporquero, Babia (todos eles en León) ou Taramundi (Asturias).