Monforte de Lemos, 27 de maio de 2019. O Concello de Monforte informa que o Boletín Oficial do Estado (BOE) publicou hoxe o anuncio de licitación da Junta de Contratación do Ministerio de Cultura y Deporte para a conservación e restauración das pinturas murais do presbiterio, nave central e muro norte do cruceiro, retablo maior e retablo en pedra do cruceiro da Igrexa do Mosteiro de San Vicente do Pino de Monforte de Lemos.
O procedemento é de carácter aberto e o prazo para a recepción de ofertas e solicitudes de participación está aberto ata as 19:00 horas do xoves 6 de xuño de 2019.
Todos os interesados poden consultar a información sobre este anuncio de licitación neste enlace