Programa Deportivo Verán 2019

O Concello de Monforte pon en marcha o Programa Deportivo de Verán 2019 que este ano contará cun gran número de actividades deportivas que se celebrarán durante os meses de xullo e agosto, e que están organizadas tanto directamente polo Concello de Monforte, como por parte de Clubs e Entidades Deportivas que colaboran con Sistema Deportivo Local.

As actividades que forman parte do Programa Deportivo de Verán 2019 son as seguintes:

  • Campamento Deportivo de Verán durante o mes de xullo, distribuido en duas quincenas.
  • Campus de Volei Praia Club Korbis – Club Fluvial, do 1 ó 31 de xullo.
  • V Depor Campus – Monforte, do 15 ó 19 de xullo.
  • XIII Campus de Fútbol Cidade de Monforte – R.C. Celta de Vigo, do 5 ó 9 de agosto.
  • VI Campus de Voleibol Ribeira Sacra Monforte, do 19 ó 23 de agosto
  • VIII Campus de Baloncesto Cidade de Monforte, do 26 ó 30 de agosto
  • Cursos de tenis durante os meses de xullo e agosto
  • Campus de Ximnasia Rítmica, do 2 ó 8 de setembro
  • Actividades dirixidas e cursos de natación na Piscina Climatizada Municipal durante os meses de xullo, agosto e setembro.

Todas as persoas interesadas en recibir información e inscribirse nalgunha das actividades que forman parte da programación de verán, poderano facer a través das Oficinas Municipais de Deportes e Xuventude, sitas nas Casiñas da Compañía, a partir do vindeiro luns 3 de xuño en horario de 9:00 a 14:00 h. Para evitar colas á hora de realizar as inscricións as actividades abrirán o prazo de inscricións de xeito progresivo en función da súa data de celebración.

Pódense consultar as normas de inscrición e o díptico informativo para coñecer os días de apertura do prazo de inscricións de cada unha das actividades.

 HORARIO ACTIVIDADES 2ª QUINCENA CAMPAMENTO DEPORTIVO DE VERÁN

 HORARIO ACTIVIDADES 1ª QUINCENA CAMPAMENTO DEPORTIVO DE VERÁN

 SOLICITUDE DE INSCRICIÓN ACTIVIDADES PROGRAMA DEPORTIVO DE VERÁN 2019

 FOLLETO PROGRAMA DEPORTIVO DE VERÁN 2019

 NORMAS PARA A  INSCRICIÓN EN ACTIVIDADES DO PROGRAMA DEPORTIVO DE VERÁN 2019

 EN QUÉ CONSISTE O CAMPAMENTO DEPORTIVO DE VERÁN

 NORMAS E RECOMENDACIÓNS CAMPAMENTO

 HORARIO TRANSPORTE CAMPAMENTO DEPORTIVO DE VERÁN