Monforte de Lemos, 30 de maio de 2019. Co gallo do Día Mundial sen Tabaco, que se celebra mañá venres 31 de maio, o Concello de Monforte informa que, a través da Unidade Asistencial de Drogodependencias, instalará unha mesa informativa no Hospital comarcal. Así, durante toda a mañá, ofrecerase información a todos os interesados que acudan ó Hospital información sobre o tabaco e sobre como deixalo.
Ademais, como complemento a esta actividade, tamén se poderá visitar na Casa da Cultura de Monforte unha exposición de traballos relacionados coa temática do tabaco, a cargo de alumnos dos colexios de Monforte e Escairón, e dos usuarios da asociación Albores. A exposición poderase visitar dende mañá 31 de maio ata o venres 7 de xuño.
Do mesmo xeito, fumadores, exfumadores e non fumadores tamén poderán participar activamente desta xornada visitando dita exposición e colocando un “post-it” cunha mensaxe na “escaleira” que se atopara na citada exposición.
Día Mundial sen Tabaco 2019
O 31 de maio de cada ano, a OMS e os seus asociados celebran o Día Mundial Sen Tabaco co fin de poñer de relevo os riscos asociados co tabaquismo, tanto para a saúde como noutros ámbitos, e abogar por políticas eficaces para reducir o seu consumo.
O Día Mundial Sen Tabaco 2019 céntrase no lema “O tabaco e a saúde pulmonar”; así, a campaña deste ano servirá para concienciar sobre:
- As consecuencias negativas para a saúde pulmonar das persoas que ten o tabaco, que van desde o cancro ata enfermidades respiratorias crónicas.
- O papel fundamental que desempeñan os pulmóns para a saúde e o benestar de todas as persoas.
A campaña tamén serve como un chamamento á acción, xa que nela abogase por políticas eficaces para reducir o consumo de tabaco e implícase ás partes interesadas de múltiples sectores nas actividades de control do tabaco.
Para máis información sobre esta campaña, podedes contactar coa Unidade Asistencial de Drogodependencias-Servizo de Prevención de Monforte de Lemos, ubicada na rúa Otero Pedrayo s/n de Monforte e no teléfono 982 400 495.