Recollida selectiva

 

A Lei de Residuos 10/1998 de 21 de abril prevé que os municipios con poboación superior a 5.000 habitantes están obrigados a introducir sistemas de recolleita selectiva que permitan a reciclaxe de residuos municipais e outras formas de valorización.

A recolleita selectiva facilita a sua reciclaxe o que permite:

  • Reducir o consumo de materias primas
  • Aforrar auga e enerxía
  • Reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro
  • Alongar a vida útil dos vertedoiros.

O aspecto fundamental da recolleita selectiva é a selección que os cidadáns fan nos seus domicilios, locais e oficinas.

Econtenedores recolleita selectivaNVASES DE VIDRO: Botellas, tarros e frascos de vidro poden ser reciclados na súa totalidade. No deben de levar tapóns nin corchos. Non se deben depositar: vasos, pratos, luces, espellos, vidro liso ou cerámica,

ENVASES LIXEIROS: Envases metálicos, plásticos e bricks.

PAPEL E CARTÓN: Residuos de envases de papel e cartón, xornais, revistas, papel, sobres, propaganda ,...non se deben depositar aquí espirais, papel plastificado, panos de mesa usados.

PILAS: Pilas, baterías e acumuladores poden ser residuos perxudiciais para o medio natural e as persoas, por iso é prioritario un procesado axeitado, empregando os colectores específicos para poder separar posteriormente os distintos materiais que ten a pila.

MEDICAMENTOS: Envases, restos de medicamentos e medicamentos usados coa súa correspondente caixa e folletos deben depositarse nos puntos SIGRE das Farmacias. Non deben ser depositados: Termómetros, Próteses, Raios X, Radiografías, Agullas, Obxectos cortantes.

 

 

 

RECOLLIDA DE ACEITE DE COCIÑA USADO

O Concello de Monforte realiza unha campaña de recollida de aceite de cociña usado como iniciativa para a divulgación do depósito correcto do lixo e para o coidado do medioambiente.

A iniciativa inclúe a distribución de 3.500 unidades de Flyers, 3.500 unidades de embudos, charlas informativas e a colocación de 6 novos contenedores para depositar ese residuo. O proxecto púxose en marcha cunha subvención de 6.296,40 € concedida pola Xunta de Galicia, Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, cofinanciada polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resilencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resilencia, financiado pola Unión Europea NextGeneration UE.

O obxetivo da campaña é concienciar á poboación da necesidade de reciclar e depositar adecuadamente o lixo según a súa natureza para evitar a contaminación e propiciar o coidado do medioambiente.

Dossier "Reciclando aceite usado gañamos vida"

 

 

AVISOS SOBRE O SERVIZO

Calquera incidencia relacionada co servizo pode:

 

SERVIZOS PORTA A PORTA

Recolleita de aparellos (voluminosos): Solicítea chamando ao teléfono gratuito 900 101 390 

Recolleita cartón en establecementos comerciais (Zona Centro): Horario: A partir das 22.00h