O Boletín Familiar é unha iniciativa do servizo de prevención da Unidade Asistencial de Drogodependencias, adscrita á concellería de Sanidade que dirixe Pilar Espinosa. Nesta ocasión leva por título:
“Claves para pais e nais. ¿Cómo debo actuar?”
Os programas de prevención diríxense a reducir os chamados factores de risco que favorecen o uso e abuso de drogas e fomentar os de protección, é dicir, aqueles que reducen a posibilidade de que o consumo apareza ou de que se converta nunha conduta problemática.
Si tedes interés en consultar o boletín completo podedes facelo a través da páxina do Concello de Monforte neste enlace ou na nosa páxina de facebook
Tamén probablemente o atopedes nas páxinas web o no facebook dos vosos colexios , pois nós remitímosllos a eles con esa intención.