Monforte de Lemos, 8 de xuño de 2019. O Conservatorio de Música Municipal “Mestre Ibáñez” informa de que a partir deste luns día 10 e ata o martes 25 de xuño permanecerá aberto o prazo de matrícula para alumnos e alumnas de nova inscrición.
As especialidades que se ofertan para o vindeiro curso 2019/20 son as seguintes:
- Piano
- Guitarra
- Trompa
- Violín
- Clarinete
- Trompeta
- Saxofón
- Percusión
- Tuba
- Trombón
A materia de Preconservatorio vai dirixida a nenos e nenas de entre 6 e 7 anos, a modo de cursos preparatorios para o grao elemental do conservatorio.
Para os nenos e nenas de entre 4 e 5 anos que queiran ter un primeiro contacto coa música, está aberta a inscrición en Música e movemento, materia englobada na oferta da Escola de Música.
Para consultar calquera información e matrícula é necesario dirixirse á Secretaría do Conservatorio, situada no Edificio Multiusos de Monforte (Ronda de Mª Emilia Casas Baamonde) en horario de 10:00 a 13:00 e 17:00 a 19:00 horas. E tamén no teléfono 982 403 893 ou no correo conservatorio@concellodemonforte.com.
Festival fin de curso do Conservatorio Municipal
Por outra banda o Festival que clausura o presente curso 2018/19 no Conservatorio Municipal “Mestre Ibáñez”, terá lugar o vindeiro mércores día 12 de xuño no Auditorio do centro, no Edificio Multiusos as 19:00 horas e correrá a cargo do alumnado do conservatorio, nas especialidades de violín, piano, guitarra, clarinete, frauta, saxofón, tuba, trombón de varas, trompeta e percusión.
As actuacións realizaranse de forma individual, a dúo, ou en pequenos grupos de cámara. Actuarán tamén os grupos de preconservatorio, coro e orquesta do Conservatorio.
No concerto interpretaranse obras de autores clásicos e contemporaneos..., tamén pezas de autores modernos e música do folklore popular.
O recital está dirixido a todos os públicos en xeral e a entrada é gratuíta.