Monforte, xoves 13 de xuño de 2019. O Concello de Monforte informa, a través da concellería de Servizos Municipais, que na mañá de hoxe produciuse unha avaría na rede de subministro de augas das parroquias de Chao do Fabeiro, Baamorto, San Xulián, Moreda, Fiolleda e Seoane.
Nestes momentos, a avería está sendo reparada polos técnicos da empresa Aqualia e espérase que o servizo poida ser reestablecido arredor das 18:00 horas de hoxe xoves 13 de xuño.
Trasladar ós veciños e veciñas nosas disculpas polas molestias que esta avaría poida estar ocasionando.