Monforte de Lemos, 22 de xuño de 2019. O Concello de Monforte informa que a implantación do servizo de telefonía móbil de 4ª Xeración (4G na banda de 800 MHz), pode estar producindo afectacións e deficiencias na recepción de Televisión Dixital Terrestre (TDT).
Para solucionar estas afectacións e garantir que a posta en servizo das estacións base de telefonía móbil non afecte á TDT, a entidade LLEGA800 leva a cabo as actuacións técnicas necesarias nas instalacións de recepción dos usuarios de TDT. Estas actuacións son de carácter gratuíto para os cidadáns afectados.
De acordo á Orde Ministerial (Orde IET/329/2015, do 26 de febreiro) que regula este proceso, o prazo para solicitar as actuacións en caso de afectación por parte dos usuarios de TDT, é de seis meses desde a data de posta en servizo das estacións de telefonía móbil.
Mediante a presente nota de prensa informamos que o vindeiro 30 de xuño de 2019, finalizará definitivamente o prazo para solicitar as actuacións gratuítas, por parte dos usuarios da TDT, polas posibles afectacións ocasionadas polas estacións mencionadas.
En caso de calquera dúbida ou de requirir información máis detallada sobre as estacións do Concello de Monforte os cidadáns interesados poden chamar ao teléfono gratuíto da Oficina Técnica de Concellos de LLEGA800, o 900 831 902.