Conta atrás para a participación do Concello de Monforte nos XIII Xogos do Eixo Atlántico 2019

Monforte de Lemos, 28 de xuño de 2019. O Concello de Monforte está a ultimar os preparativos para a súa participación nos XIII Xogos do Eixo Atlántico que, nesta edición, se celebrarán en Braga entre o 7 e o 12 de xullo.

Este evento, que se organiza cunha periodicidade bianual, está dirixido fundamentalmente á promoción do deporte e á convivencia entre mozos e mozas dos Concellos e Cámaras Municipais que forman parte do Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular. Trátase dun evento transfronteirizo, único en Europa, que se ven realizando dende o ano 1995 e que contará nesta décimo terceira edición cunha participación aproximada de 2.000 atletas.

A representación monfortina estará composta por un total de 62 persoas, entre deportistas e staff técnico, que participarán en 4 modalidades deportivas, fútbol sete masculino, voleibol feminino e atletismo e natación masculino e feminino.

Son os clubs e entidades deportivas do Concello de Monforte os que nutren de deportistas cada un dos equipos; así o Club de Atletismo A Gándara e o Club Natación Monforte se encargan de facer a selección de atletas para as modalidades de atletismo e natación respectivamente, o Club Korbis e o Club de Voleibol Ribeira Sacra aportan deportistas para a selección de voleibol e o C.P. Calasancio e o C.F. Monforte o fan para a selección de fútbol sete.

En canto á organización da competición, esta terá lugar entre o luns 8 e o venres 12 de xullo. As modalidades individuais de atletismo e natación se celebrarán o martes 9 de xullo, e as modalidades de voleibol e fútbol celebrarán a fase de grupos entre o luns 8 e o mércores 10 pola mañá, e os cruces e fases finais entre o mércores 10 pola tarde e o venres 12. A cerimonia de apertura dos xogos terá lugar o luns 8 ás 16:30 hora local na Praza Municipal de Braga.

Na última reunión do Grupo Temático de Deportes celebrada en Braga o pasado mércores 19 de xuño tivo lugar o sorteo de grupos de cada unha das modalidades deportivas de equipos. Así na modalidade de voleibol o Concello de Monforte queda encadrado no grupo B xunto coas seleccións de Vila Nova de Gaia, Porto e Vila Nova de Famalicao e na modalidade de fútbol o Concello de Monforte queda encadrado no grupo A xunto con Santa María da Feira, Peso da Regoa, Vila Nova de Famalicao e Porto.

 

A composición de cada un dos equipos é a seguinte:

  • Equipo de voleibol feminino:
  • Deportistas:
  • Antía Pérez Filgueiras
  • Carla Hernández Martín
  • María Rodríguez Rodríguez
  • Candela Vázquez Vázquez
  • Ainara de la Fuente González
  • Nerea González Fontal
  • Candela Rodríguez Barrientos
  • Paula Vázquez Castillo
  • Claudia Gómez López
  • Ana Karina Pérez López
  • Raquel Rodríguez López
  • Silvia Díaz Díaz

 

  • Staff técnico:
  • Roberto Castro González (adestrador)
  • Noelia López da Costa (adestradora)
  • Mª José Fontal Vázquez (delegada)
  • David López Pérez (delegado)

 

 

 

  • Equipo de fútbol masculino:
  • Deportistas:
  • Iago Xosé Aira Rodríguez
  • Brais Álvarez López
  • Manuel Díaz Rodríguez
  • Yeray González do Cabo
  • Gonzalo Huanay de Dios
  • Alejo Prieto Álvarez
  • David Rodríguez Carballo
  • Manuel Núñez López
  • Nicolás Ferreiro Rodríguez
  • Íker Díaz Pérez
  • Miguel Pérez García
  • Manuel Taboada Fernández
  • Adrián Álvarez Álvarez
  • Samuel Cao Quiroga

 

  • Staff técnico:
  • Julio Corral Silva (adestrador)
  • Christian Expósito Rodríguez (adestrador)
  • José Manuel Rodríguez Pérez (delegado)
  • Diego González Rodríguez (delegado)

 

 

  • Equipo de atletismo:
  • Deportistas categoría masculina:
  • Martín Fernández Rodríguez
  • Carlos López Moral
  • Mateo Lamas Vila
  • Manuel Rodríguez Díaz
  • Íker Fernández Codesido

 

  • Deportistas categoría feminina:
  • Carla Vázquez Rodríguez
  • Alejandra López Pérez
  • Carmen Martínez Téllez
  • Martina Vila González
  • Cecilia Quiroga Rivas

 

  • Staff técnico:
  • Rubén Castro Portela (adestrador)
  • Iago García Vázquez (delegado)
  •  
  • Equipo de natación:
  • Deportistas categoría masculina:
  • Odei Arias Franco
  • Javier Pontón Rodríguez
  • Andrés Martínez Maríño
  • David Conde Varela
  • Miguel Rodríguez Sánchez
  • Hugo López Rodríguez

 

  • Deportistas categoría feminina:
  • Clara Varela Méndez
  • Lucía Varela Méndez
  • Ximena Prats Moreiras
  • Elena Arias Pacheco
  • Uxía Castro de la Fuente
  • Esther Martínez Morán

 

  • Staff técnico:
  • Ana Mendaña Blanco (adestradora)
  • Leonor Franco Lopez (delegada)
  • José Manuel Martínez Berjano (delegado)

 

O Técnico municipal de Deportes, Óscar Rodríguez, exercerá como Delegado Municipal e responsable da representación do Concello de Monforte durante a súa participación nos xogos.