Monforte de Lemos, 3 de xullo de 2019. O Concello de Monforte preparou unha ampla programación cultural, lúdica e festiva dende principios de xullo e ata finais de setembro. O Alcalde, José Tomé, destaca que “o noso obxectivo é ofrecer actividades moi variadas, para así darlle satisfacción a tódolos públicos; tamén queremos encher de actividades esta época do ano, na que recibimos un maior número de visitantes”.
Grazas a este programa, desde o Concello axúdase a estimular a actividade económica local, posto que todas estas actividades van contribuír a que cada vez se acheguen a Monforte máis turistas.
Destacar tamén que á hora de deseñar esta programación tamén se contou dende o Concello coa participación de varios artistas monfortinos, para que así, poidan expresar a súa creatividade artística diante dos seus veciños e tamén para disfrutar conxuntamente, do verán cultural.
Entre as actividades programadas destacar as programadas dentro do ciclo “Cultura no Camiño 2019”: a Gala de Maxia do Mago Lamas e 4 magos máis, do 8 de agosto, e o concerto Swing Sentido do venres 9 de agosto. E tamén aquelas nas que colabora a Deputación de Lugo: os concertos de Doc Magoos (10 de agosto), Garufa Blue Devils Big Band+Sito Sedes (11 de agosto), Os Parentes (12 de agosto) e os concertos de David Prado e Sr. Jingles (24 de agosto).
PROGRAMA VERÁN CULTURAL 2019 DE MONFORTE DE LEMOS
Programa Verán cultural concello Monforte 2019
PASEOS EN BARCA POLO RÍO CABE
Ata setembro é posible alugar barcas de paseo no embarcadoiro do parque dos Condes.
Xoves 15 de agosto, ás 22:30 horas
BARCAS ENGALANADAS
Recuperación das Barcas Engalanadas e Iluminadas, tradición de mediados do século XX
Organiza: Concello de Monforte de Lemos e Club de Piragüismo Quixós
Do 5 ó 7 de xullo
FESTIVAL DO VIÑO DA RIBEIRA SACRA DE MONFORTE DE LEMOS
Paseo do Malecón, 25 adegas da DO Ribeira Sacra, gastronomía. Concertos na Praza de España
Do 18 ó 21 de xullo
FESTIVAL 17º RIBEIRA SACRA
Organiza: i-radia
Colabora: Concello de Monforte de Lemos, Deputación de Lugo, AGADIC, Xunta de Galicia, Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra
Do 25 ó 28 de xullo
VI FANCINE DE LEMOS. Festival de cine fantástico e de terror de Monforte
Organiza: Amanita estudio
Colabora: Concello de Monforte de Lemos
Do 25 de xullo ó 3 de agosto
TIROLINA, ROCÓDROMO E CIRCUITO DE OBSTÁCULOS
Praza da Compañía
Organiza: Comercial Urbano de Monforte
Colabora: Concello de Monforte de Lemos
Do 3 ó 7 de agosto
XXI MOSTRA DE ARTESANÍA ARTELEMOS
Rúa do Cardeal
Organiza: Concello de Monforte de Lemos
Do 5 ó 23 de agosto
Exposición de Carteis do XXIII CONCURSO DE DESEÑO DE CARTEIS FESTAS PATRONAIS -2019
Sala de exposicións da Casa da Cultura
Organiza: Concello de Monforte de Lemos
Xoves, 8 de agosto
GALA DE MAXIA-CULTURA NO CAMIÑO 2019: Actuación Do MAGO LAMAS + 4 magos
Praza de España, ás 22:30 horas
Organiza e Patrocina: Concello de Monforte de Lemos e AGADIC (Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia).
Venres, 9 de agosto
FESTIVAL CARUDE ROCK
Praza de Carude ás 20:30 horas
Organiza: Festival Carude Rock
Colabora: Concello de Monforte de Lemos
Venres, 9 de agosto
CONCERTO DE SWING SENTIDO (CULTURA NO CAMIÑO 2019)
Praza de España, ás 22:30 horas
Organiza e Patrocina: Concello de Monforte de Lemos e AGADIC (Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia).
Sábado, 10 de agosto
CONCERTO DO GRUPO MONFORTINO DOC MAGOOS
Praza de España ás 23:00 horas
Organiza e patrocinan: Concello de Monforte de Lemos e Deputación Provincial de Lugo
Do 11 ó 16 de agosto
FESTAS PATRONAIS DE MONFORTE DE LEMOS
Organiza: Concello de Monforte de Lemos
Domingo, 11 de agosto
CONCERTO de GARUFA BLUE DEVILS BIG BAND + SITO SEDES
Praza de España ás 23:00 horas
Organiza e patrocinan: Concello de Monforte de Lemos e Deputación Provincial de Lugo
Luns, 12 de agosto
CONCERTO de OS PARENTES
Praza de España ás 23:00 horas
Organiza e patrocinan: Concello de Monforte de Lemos e Deputación Provincial de Lugo
Martes, 13 de agosto
CONCERTO da BANDA DE MÚSICA CONCELLO DE MONFORTE
Praza de España ás 22:30 horas
Organiza: Concello de Monforte de Lemos
Mércores, 14 de agosto
CONCERTO da BANDA DE MÚSICA DE CHANTADA
Praza de España ás 22:30 horas
Organiza: Concello de Monforte de Lemos
17 e 18 de agosto
FEIRA DE OPORTUNIDADES DE VERÁN DO CCU
Praza de Abastos -Mercados
Organiza: Concello de Monforte e Centro Comercial Urbano de Monforte
Domingo, 18 de agosto
FESTA DA EMPANADA, Festa gastronómica popular
Área de recreo de Ribas Altas
Organiza: Asociación de Veciños de Ribas Altas
Colabora: Concello de Monforte de Lemos
Domingo, 18 de agosto
Concerto de OS XOGRARES DE LEMOS
Praza de España ás 22:30 horas
Organiza: Concello de Monforte de Lemos
Do 19 ó 23 de agosto
VII OBRADOIRO DE VERÁN DE MÚSICA E BAILE CONCELLO DE MONFORTE
Edificio Multiusos
Organiza: Concello de Monforte de Lemos
Venres, 23 de agosto
CINE NA RÚA, coa proxección da película “CAMPEONES”
Praza de España ás 22:30 horas
Organiza: Concello de Monforte de Lemos
Sábado, 24 de agosto
Concertos de DAVID PRADO e SR. JINGLES
Praza de España ás 22:30 horas
Organiza e patrocinan: Concello de Monforte de Lemos e Deputación Provincial de Lugo
Domingo, 25 de agosto
CONCERTO da BANDA DE MÚSICA DE SOBER, CICLO Musiqueando pola provincia de Lugo
Praza de España ás 22:30 horas
Organiza e patrocinan: Concello de Monforte de Lemos e Deputación Provincial de Lugo
Do 28 ó 31 de agosto
XXII FEIRA DO LIBRO DE MONFORTE
Rúa do Cardenal
Organiza: Concello de Monforte e Federación de Libreiros de Galicia
Sábado, 31 de agosto
XX FESTIVAL DE HABANERAS CONCELLO DE MONFORTE DE LEMOS
-Coral Capilla de la Torre- Villaviciosa (Asturias)
-Coral Polifónica de Bueu
-Coral Polifónica do Concello de Monforte
Actuación na Praza de España ás 21:00 horas
Organiza: Concello de Monforte de Lemos
Domingo, 1 de setembro
XX XORNADA EUROPEA DA CULTURA XUDÍA
Visitas guiadas á zona de ámbito xudeu de Monforte
11.30 e 18:00 h.- Saídas dende a Oficina Municipal de Turismo (rúa Comercio, 6)
Organiza e patrocinan: Concello de Monforte de Lemos e Red de Juderías de España/ Caminos de Sefarad
Do 4 ó 27 de setembro
Exposición Itinerante “ESGRAFIADOS EN LA RIBEIRA SACRA” de MAR LÓPEZ SOTELO
Sala de Exposicións da Casa da Cultura
Organiza: Concello de Monforte de Lemos
Sábado, 7 de setembro
VIII FESTIVAL DO PARADISO
Parque dos Condes, dende as 20 horas
Organiza: Asociación Náufragos do Paradiso
Colabora: Concello de Monforte de Lemos
Sábado, 14 de setembro
NOITE TEMÁTICA DE VERÁN
Noite temática dedicada ó mundo da moda. Apertura de establecementos comerciais asociados ó CCU, con grandes descontos.
Horario especial ata a 1:30 horas do domingo 15 de setembro.
Organiza: Centro Comercial Urbano
Colabora: Concello de Monforte de Lemos
Sábado, 21 de setembro
FESTA DE SAN MATEO, Festa popular, Parroquia de A Parte
Organiza: Comisión de festas da parroquia A Parte
Colabora: Concello de Monforte de Lemos