Monforte de Lemos, 09 de xullo de 2019. A Confederación Hidrográfica Miño-Sil ven de publicar no Boletín Oficial do Estado (nº 161, do 6 de xullo) un anuncio polo que se somete a información pública o Proxecto construtivo de melloras na rede de saneamento das rúas Santa Clara, A Veiga, Chantada, Juan Montes e Padre Feijoo de Monforte de Lemos, e que afectan á depuradora de Piñeira.
Estas actuacións enmárcanse nun convenio subscrito entre o Concello de Monforte de Lemos, a Deputación Provincial de Lugo e a propia Confederación Hidrográfica en 2017, o que supón unha inversión de 1,4 millóns de euros, destinados á mellora da rede de saneamento municipal (400.000 euros aportados polo Concello, e 500.000 aportados por cada unha das outras dúas entidades).
O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, apuntou que “estes traballos son de vital importancia para mellorar a calidade da auga que volve da depuradora ó río Cabe, e polo tanto, mellorar o medio ambiente no Concello de Monforte porque se eliminarán as incorporacións incontroladas de auga á rede de saneamento, o que axudará, por unha banda, a reducir a cantidade de auga á depurar, facendo máis eficiente o servizo; e por outra, permitirá que a auga que se verte no Cabe este totalmente depurada. “
Finalidade do proxecto
As actuacións que se levarán a cabo con este proxecto están encamiñadas a eliminar as infiltracións e aportes incontrolados das augas de escorrentía da rede secundaria de Monforte de Lemos nas rúas citadas anteriormente, e que saturan a depuradora de Piñeira.
Son filtracións procedente das instalacións de ADIF na Rúa Padre Feijóo; as aportacións ao colector da Rúa Juan Montes, procedentes dos núcleos da Rosela, Reigada y Campo del Río; as filtracións de augas freáticas, procedentes dos sotos, que se incorporan ao colector da Rúa Chantada, así como calquera outra aportación incontrolada de auga de escorrentía detectada durante a elaboración do proxecto e a execución das obras.
O referido anuncio sobre este proxecto publicado no BOE, estará exposto nas oficinas da Confederación Hidrográfica Miño-Sil situadas na rúa Curros Enríquez, 4-2º, de Ourense e en A Pinguela s/n de Monforte; tamén estará publicado na web da propia Confederación.
O obxectivo é que poida ser examinado por os que así o desexen e formular as alegacións ou observacións que consideren oportunas sobre os contidos do mesmo. Para elo terán un prazo de 20 días hábiles desde a súa publicación no BOE e no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.