O Alcalde recibe a diversos atletas monfortinos, en recoñecemento ós últimos éxitos alcanzados por aqueles

Monforte de Lemos, 19 de xullo de 2019. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, recibiu na tarde de hoxe, en dous actos celebrados ás 18 e 19 horas, a diversos deportistas monfortinos que colleitaron nos últimos meses e semanas diferentes éxitos nas modalidades en que compiten.

A recepción a ambos colectivos de deportistas serviu para recoñecer publicamente o seu mérito e a importancia dos éxitos acadados. Por este motivo, cada un deles recibiu un trofeo conmemorativo personalizado, a monfortina Torre da Homenaxe.

Deste xeito, o acto celebrado ás 6 da tarde serviu para render recoñecemento e homenaxe aos seguintes deportistas:

 

-Mª Eugenia Martínez Oriola: en recoñecemento polo primeiro posto conseguido no Campionato de España de Pitch&Putt para maiores de 30 anos celebrado en Xixón (Asturias) o 15 e 16 de xullo de 2019.

 

-Lucía Cabo Domínguez, Laura Rodríguez Cortiñas e Yasmín Díaz Iglesias: en recoñecemento polo primeiro posto conseguido no Campionato de España de Descenso de Augas Bravas na modalidade de patrullas clásica, celebrado no Barco de Valdeorras o 25 de maio de 2019.

 

-Jairo Salgueiro Montero: en recoñecemento polo primeiro posto conseguido no Campionato de España de Atletismo de menores, organizado pola Federación, na modalidade de salto de lonxitude, celebrado en Segovia o 22 e 23 de xuño de 2019.

 

- Jairo Salgueiro Montero: en recoñecemento polo primeiro posto conseguido no Campionato de España de Taekwondo combate sub-21 celebrado en Valladolid o 6 e 7 de xullo de 2019.

 

-Jorge Soto Rozas, Fabio Dos Santos Salvador e Mauro Casas Rodríguez (este último finalmente non puido acudir a este acto de homenaxe): en recoñecemento polo primeiro posto conseguido no Campionato de España de Pesca Salmónidos mosca por equipos, celebrado en Burgos do 11 ó 14 de xullo de 2019.

 

-Raúl Esmorís López: en recoñecemento polo primeiro posto por equipos conseguido no Campionato do Mundo de Billar Amateur celebrado en Las Vegas do 23 de maio ó 3 de xuño de 2019.

 

Tras este acto, ás 7 da tarde, tivo a recepción oficial, tamén no Concello monfortino, da delegación de deportistas que representaron á cidade do Cabe nos XIII Xogos do Eixo Atlántico celebrados en Braga do 7 ó 12 de xullo de 2019.

 

Os resultados nos XIII Xogos do Eixo Atlántico, no que respecta ós/ás atletas monfortinos/as, foron os seguintes:

 

Modalidade de Atletismo:

     -Carlos López Moral: medalla de prata en 1.000 m. lisos e medalla de prata en Atletismo en ruta.

     -Manuel Rodríguez: medalla de ouro en lanzamento de peso.

 

Modalidade de Natación:

     -Lucía Varela: medalla de ouro en 100 metros espalda.

 

Modalidade de Voleibol: noveno posto do equipo.

 

Modalidade de Fútbol: décimo cuarto posto do equipo.