Monforte de Lemos, 30 de xullo de 2019. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, recibiu na tarde de hoxe ós membros da Peña Barcelonista Val de Lemos, con motivo dos actos organizados co gallo do 15 aniversario de dita asociación.
Deste xeito, ás 19:30 horas chegou unha comitiva encabezada polo presidente da Peña Barcelonista Val de Lemos, Luís Conde, acompañado polo presidente da Federación de Peñas Barcelonistas de Galicia, Salvador Cerviño. No acto, ademais da presencia de diversos socios da Peña, estiveron presentes, como autoridades representantes do Fútbol Club Barcelona:
-Ricardo Serna, ex-xogador e membro da ABJ do FC Barcelona.
-Julio Alberto Moreno, ex-xogador e membro da ABJ do FC Barcelona.
-Eduard Castro, 1º entrenador do 1º equipo de Hockey patíns do FC Barcelona.
-Ignacio Alabart, xogador do 1º equipo de Hockey patíns do FC Barcelona.
-Manolo Tomé, ex-xogador e membro da ABJ do FC Barcelona
No acto de recepción no Concello, tras as verbas do Alcalde e as intervencións dos distintos participantes tivo lugar un intercambio de obsequios: Trofeos da Torre do Homenaxe para os representantes do FC Barcelona e da Peña Val de Lemos, que entregou José Tomé Roca, e Ricardo Serna fíxolle entrega ó Alcalde dun libro da ABJ, mentres que Eduad Castro e Ignacio Alabart lle entregaron un bolígrafo institucional.
Tras este acto de homenaxe, e antes de partir ó restaurante Don Manuel para a celebración dun coloquio deportivo baixo o título “El Barça del Siglo XXI” e unha posterior cea conmemorativa do 15 aniversario, na Casa Consitorial tamén tivo lugar a sinatura dos participantes no Libro de Honor do Concello.