O programa das Festas Patronais 2019 inclúe concertos de balde, actividades de rúa e unha ampla oferta cultural

Lugar: 
Monforte de Lemos
Actividad: 
Programa Festas Patronais
Fecha: 
mércores, Xullo 31, 2019 - 18:00 a venres, Agosto 16, 2019 - 23:45

Monforte de Lemos, 31 de xullo de 2019. O Alcalde, José Tomé Roca, e a concelleira de Cultura, Marina Doutón, presentaron o programa completo das Festas Patronais 2019, que se van celebrar do 11 ó 16 de agosto.  “O programa que elaboramos para o mes de agosto contén un amplo abano de actividades que conforman un completo programa cultural, co obxectivo de ofrecer unha ampla diversidade de actividades  para dar satisfacción a todo tipo de públicos”, apuntou o rexedor.

O mandatario local destacou que “O noso compromiso é seguir organizando cada ano unhas Festas Patronais acordes co que merece a nosa cidade e tamén acorde co que necesita o noso tecido produtivo como é o comercio, a hostalería e todo o relacionado co mundo do turismo, porque as Festas Patronais son un revulsivo económico que permite que moitas pequenas empresas garantan a súa pervivencia pola actividade económica que desenvolven durante o verán, especialmente durante as Festas Patronais”.

Compre recordar que as actuacións que vai haber en cada un dos días das Festas son as seguintes:

 

Luns día 12

  • Grupo de DVICIO
  • Orquestra Marbella

 

Martes día 13

  • CARLOS BAUTE
  • Orquestra Finisterre

 

Mércores día 14

  • CHENOA
  • Orquestra Principal

 

Xoves día 15

  • BLAS CANTÓ
  • Orquestra La Oca

 

Venres día 16

  • Orquestra PANORAMA
  • Grupo “SR. ALIAGA”

 

Neste senso, o Alcalde indicou que  “ademais dos grandes concertos, queremos facer partícipes das Festas ós artistas e ós grupos monfortinos, que van ter presencia nas actuacións que se leven a cabo na Praza de España e tamén noutros recunchos da cidade no que se inclúen ós grupos de gaitas, os Xograres de Lemos, a Banda Municipal, a Coral municipal, o Grupo de Danza e de Gaitas Municipais e a grupos musicais da nosa cidade”.

En definitiva, concluíu o mandatario local “o Programa que elaboramos para as vindeiras Festas Patronais de 2019, é un bo programa que pretende que as Festas Patronais sexan cada vez máis as festas de todos e que, dalgunha maneira, os veciños e veciñas de Monforte e de fora da cidade teñan a certeza de que hai unha liña de continuidade relativa á variedade e á calidade das nosas Festas e que será a liña de traballo dos catro anos de mandato que nos quedan por diante. E desexámoslles unhas felices Festas a todos os monfortinos e monfortinas, e tamén a todos aqueles que nos visitan”.

 

DESCARGA O PROGRAMA COMPLETO EN:   PROGRAMA FESTAS PATRONAIS MONFORTE 2019