Monforte de Lemos, 2 de agosto de 2019. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, participou hoxe no acto inaugural do evento que desde hoxe e ata o domingo conmemora o IV Centenario da consagración da igrexa de Nosa Señora da Antigua. O acto contou ademais coa presencia do Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Nuñez Feijoo, o xerente da Fundación Nosa Señora da Antiga, o padre Francisco Javier Agudo. No acto estiveron ademais diversos membros do Equipo de Goberno municipal, así como outras autoridades do eido cultural e social da cidade de Monforte.
O claustro do Colexio dos PP Escolapios acolleu o inicio dos actos conmemorativos coa celebracion dunha mesa redonda titulada “A importancia histórico Artística do Edificio de Nosa Señora da Antiga e o valor social dos Bens Patrimoniais" na que interviron Manuel Chaín, arquitecto e subdirector xeral de Conservación y Restauración de Bens Culturais da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. Rosana Guerra y Luisa Serrano arquitectas, Maria Dolores Lago, Historiadora e Restauradora, as tres redactoras do Estudo Documental para a Declaración de Ben de Interese Cultural do Colexio de Nosa Señora da Antigua e Maria del Mar Bóveda especialista en Educación Patrimonial e na posta en valor do Patrimonio e responsable do estudo do valor social do Colexio de Nuestra Señora da Antiga.
Tras a mesa redonda tivo lugar a inauguracion oficial na que interviron o Presidente da Xunta, Alberto Nuñez Feijoo, o xerente da Fundación Nosa Señora de la Antigua, o padre Francisco Javier Agudo, e o Alcalde de Monforte e Presidente da Deputacion de Lugo, José Tomé Roca. A xornada de hoxe pechouse cun concerto na Igrexa do Colexio interpretado polo pianista Ernesto Maseda González.
Os actos continuarán durante toda a fin de semana e concluirán coa celebración dunha eucaristía o domingo ás 12 horas presidida polo obispo de Lugo, Alfonso Carrasco Rouco e na que tamén está prevista a presencia do Alcalde da cidade do Cabe.