Entre as funcións do Concello de Monforte de Lemos atópase a de velar polo benestar tanto de quen viven na cidade como dos seus visitantes. Para a nosa cidade o lecer é unha das claves da súa prosperidade. Facilitar tempos e espazos de esparcimento e que poidan desenvolverse de forma segura e saudable, forma parte deste cometido.
Os propietarios/as dos establecementos de hostelería, están contribuíndo a que Monforte sexa percibido como unha cidade amable e un bo lugar para gozar do tempo de lecer. Guiados por esta preocupación, a Unidade Asistencial de Drogodependencias deste Concello decidiu elaborar uns carteis recordando aos clientes que os establecementos non van facilitar o consumo de alcohol e tabaco a menores.
Este programa trata de implicar aos empresarios da hostelería na prevención do uso inadecuado do alcohol e unha adecuada xestión dos riscos do seu consumo.
E como desexamos que non sexa Monforte o único concello que coide o benestar dos seus veciños ampliamos tamén a campaña a os establecementos da zona socios da Delegación da Zona Sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo (APEHL), á que agradecemos a súa colaboración desinteresada que recibimos sempre.
Con este obxectivo a UAD facilitoulles un cartel informativo recordatorio desta campaña para que o coloquen en lugar visible.
Dende aquí queremos agradecerlles a súa imprescindible colaboración a todos os establecimentos hosteleros que participan nesta campaña.
Para máis información:
Luisa Astray García (Educadora Social)
SERVIZO DE PREVENCIÓN
UNIDADE ASISTENCIAL DE DROGODEPENDENCIAS
Otero Pedrayo s/s
27400 – MONFORTE DE LEMOS (LUGO)
Tlf. 982 400 495