Monforte de Lemos, 1 de outubro de 2019. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, recibiu esta tarde no seu despacho da Casa Consistorial, ó empresario chinés, señor Mu, que recentemente ven de adquirir a empresa láctea Euroserum Ibérica, que está situada no polígono industrial do Reboredo de Monforte.
O empresario chinés acudíu á xuntanza co rexedor municipal acompañado por responsables da planta de dita empresa.
A reunión co Alcalde servíu para analizar as posibilidades de colaboración, de cara ó futuro, entre o empresario chinés e o propio Concello.