Monforte de Lemos, 17 de outubro de 2019. O Concello de Monforte informa que este sábado 19 de outubro de 8:30 a 15:00 horas, procederase ó corte do tráfico na rúa Santo Domingo dende a súa confluencia coa Praza de España ata o acceso rodado á Igrexa de Santa María da Régoa. Ditos cortes estarán sinalizados á altura da confliencia coa Praza de España, á altura da porta da Alcazaba e á altura do Campo da Virxen.
Este corte de tráfico é debido ós traballos de reparación de pavimento en dita zona.
Dende o Concello, rogamos desculpen as molestias que estes traballos poidan ocasionar.