Monforte de Lemos, 17 de outubro de 2019. A Concellería de Servizos do Concello de Monforte conta dende hoxe cun novo vehículo, en concreto unha furgoneta marca Citroën Berlingo, rotulada co escudo oficial da cidade.
Deste xeito, o Equipo de Goberno do Concello segue a dotar ás distintas concellerías dos elementos necesarios para proporcionar servizos axeitados e eficaces ós veciños e veciñas de Monforte.
Con este nova furgoneta facilitarase así o traballo diario do persoal de Servizos do Concello, unha furgoneta que servirá para desempeñar as labores de mantemento e mellora dos diferentes elementos públicos de Monforte.