Monforte de Lemos, 15 de novembro de 2019. Do 16 de novembro ó 13 de decembro de 2019 e na Sala de Exposicións da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro do Concello de Monforte, realizarse unha exposición titulada "Entomoloxías" da chantadina Raquel González Figueiras. A inauguración desta exposición terá lugar mañá sábado 16 de novembro ás 19:00 h.
De formación psicopedagoga Raquel González Figueiras, dun xeito ou outro sempre estivo próxima ao feito creativo. A cabalo entre Madrid e Galiza desenvolveu nos últimos anos a súa traxectoria artística. Poesía e pintura foron os comezos que abrirían camiños cara a outros formas de expresión.
Escuela Creare, Escuela de arte Kroom, Escuela de Cerámica La Bisbal, son alguns dos seus referentes de formación. Actualmente segue traballando a escultura cerámica na escola taller do escultor Ernesto Amadeo Schlieper.
A artista chantadina colabora en distintos proxectos de plástica e poesía, o más recente, aínda e fase construtiva, é o “Proyecto Leitmotiv”, coordinado pola collagista Tanja Ulbrich, e conta con textos de poetas sobre collages de artistas que se distribúen entre Madrid e Berlín.
A exposición Entomoloxías consta de 17 pezas entre furnas, cubos e caixas que funcionan como escenarios dun enfrontamento.