Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico-Artístico de Monforte
O Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico-Artístico de Monforte foi aprobado definitivamente polo Pleno da Corporación de Monforte, na súa sesión extraordinaria celebrada o día 16 de novembro do 2020.
A súa aprobación definitiva supón un fito histórico para Monforte, xa que por primeira vez na súa historia democrática a cidade conta cunha regulación urbanística específica, destinada a protexer o noso patrimonio histórico, artístico e cultural.
O Plan Especial de Monforte significa unha aposta decidida pola recuperación dos nosos valores coma cidade histórica, no que se teñen en conta as necesidades dos cidadáns que se ven afectados por esta regulación, pero no que tamén se atende ó interese común de todos os monfortinos e monfortinas, coa finalidade de protexer a nosa propia idiosincrasia cultural e histórica.
En definitiva, o Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico-Artístico de Monforte, constitúese nun documento imprescindible para a rehabilitación do noso Casco Histórico.
José Tomé Roca
Alcalde de Monforte de Lemos
A continuación, inclúense os enlaces que levan ós documentos, asinados e dilixenciados, que conforman este Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico-Artístico de Monforte, a fin de que calquera cidadán poida consultar os pormenores desta importante regulación urbanística:
Modificación Ficha Plan Especial de Protección Dr. Goyanes s/n
Modificación Ficha Plan Especial de Protección
Publicación BOP Normativa Plan Especial 03-04-2021
Catálogo de Protección Tomo II
Estudo económico financeiro e programa de actuación
Documento ambiental estratéxico