A Xunta de Goberno Local ven de aprobar a concesión de bolsas a deportistas individuais do Concello de Monforte para a tempada 2018 – 2019

Monforte de Lemos, 18 de novembro de 2019. Na Xunta de Goberno Local celebrada no día de hoxe, o Equipo de Goberno aprobou a concesión de bolsas a deportistas individuais do Concello de Monforte para a tempada 2018 – 2019.

A partida orzamentaria destinada a estas axudas foi de 5.000,00 € que se repartiron entre un total de 20 deportistas do Concello de Monforte, tendo en conta que a contía máxima de cada bolsa non podería superar os 600,00 €.

A cantidade asignada a cada unha das bolsas foi determinada en base ós criterios de valoración publicados nas bases, que valoraban os tres mellores resultados conseguidos en competicións oficiais durante a tempada, así como ser convocado pola selección autonómica ou estatal, practicar unha modalidade ou especialidade deportiva olímpica e a categoría de idade do/a deportista.

 

Requisitos das persoas beneficiarias

Para poder optar a este tipo de axuda os/as deportistas debían de cumprir os seguintes requisitos:

  • Practicar algunha modalidade ou especialidade deportiva de carácter individual, tendo en conta que non se consideran participacións individuais os relevos nin as probas coordinadas ou sincronizadas nas que actúe simultaneamente máis dun integrante do mesmo equipo.
  • Estar empadroado/a no Concello de Monforte.
  • Estar federado/a nalgunha das federacións deportivas galegas ou españolas.
  • Ter participado, como mínimo, en tres probas ou campionatos de carácter oficial, dos cales un deles ten que ser o Campionato de España, Europa ou do Mundo propio da modalidade deportiva.
  • Estar ó corrente nas obrigas tributarias coa Facenda estatal e autonómica, así como estar ó corrente das obrigas coa Seguridade Social e co Concello de Monforte.
  • Non estar incurso/a en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas.

 

Da valoración de cada unha das solicitudes se encargou unha comisión de valoración que estivo formada polo Concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, o Técnico de Deportes, Óscar Rodríguez, e a Técnica de Intervención do Concello de Monforte, María Buján.

 

Contía das bolsas e deportistas beneficiarios:

 

                      Solicitante

  Modalidade deportiva

  Puntuación total

  Contía da bolsa

  Jairo Salgueiro Montero

  Atletismo

  85

  425,20 €

  Saleta Fernández López

  Atletismo

  80

  400,20 €

  Manuel Freire Rodríguez

  Piragüismo

  73

  365,20 €

  Alejandro Losada Rodríguez

  Taekwondo

  68

  340,20 €

  Alejandro Fernández Franjo

  Taekwondo

  68

  340,20 €

  Noa Díaz Quintián

  Piragüismo

  56,5

  282,60 €

  Marco García Martínez

  Taekwondo

  56

  280,10 €

  Saúl López Álvarez

  Ciclismo

  52,5

  262,60 €

  Ximena Prats Moreiras

  Piragüismo

  49,5

  247,60 €

  Efrén Álvarez Vázquez

  Piragüismo

  48,5

  242,60 €

  Laura Álvarez Suárez

  Taekwondo

  47,5

  237,60 €

  Sonsoles Martín Rodríguez

  Atletismo

  47

  235,10 €

  Nicolás Díaz Quintián

  Piragüismo

  44

  220,10 €

  Gabriel Rodríguez López

  Piragüismo

  42

  210,10 €

  Laura Rodríguez Cortiñas

  Piragüismo

  41

  205,10 €

  Alberto Lugilde Montesino

  Piragüismo

  36,5

  182,60 €

  María Martín Rodríguez

  Atletismo

  36

  180,10 €

  Claudio Fernández Quevedo

  Piragüismo

  32,5

  162,60 €

  Óscar Díaz Quiroga

  Automobilismo

  20

  100,10 €

  Aitor Teijeiro Elidio

  Taekwondo

  16

  80,00€