Co obxectivo de dar a coñecer e facilitar o acceso aos profesionais do sector da rehabilitación, o concello dispón dun rexistro de profesionais. Con iso tamén se pretende potenciar e facer máis visibles as empresas e profesionais do sector da rehabilitación en Monforte, así como a aqueles que participen na execución dalgunha obra de rehabilitación dentro do conxunto histórico da cidade. Esta lista está a disposición de calquera persoa que a demande.
Para que @s diferentes profesionais figuren neste rexistro deben cumprir as seguintes condicións:
- Ser profesionais do eido da rehabilitación con domicilio social en Monforte ou realizar algunha obra dentro do casco histórico desta cidade.
- Todas as persoas inscritas autorizarán á Oficina de Rehabilitación a facer públicos e facilitar os seus datos de contacto a quen o demande.
- Para inscribirse neste rexistro de profesionais do sector da rehabilitación de vivendas, as persoas interesadas deberán cubrir un sinxelo modelo de solicitude no que farán constar datos profesionais e da súa empresa, así como os referidos aos diferentes contactos (teléfono, enderezo, correo electrónico).
O modelo de solicitude achégase a esta información e tamén estará á súa disposición na Oficina Municipal de Rehabilitación. Solicitude Inscrición no Rexistro