Monforte de Lemos, 4 de decembro de 2019.
O Concello de Monforte informa que os traballos de reparación de pavimento na rúa Santo Domingo (dende a súa confluencia coa Praza de España ata o acceso rodado á Igrexa de Santa María da Régoa) iniciados o pasado martes días 3, e que tiñan previsto rematar hoxe mércores, finalmente necesitan dunha xornada máis de traballo, polo que mañá xoves día 5 volverá a cortarse dita rúa a partir das 15:00 horas. A previsión é que os traballos finalicen mañá definitivamente.
Dende o Concello agradecemos a comprensión dos veciños e condutores e rogamos desculpen as molestias que estes traballos poidan ocasionar.